Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.250 novas da C. de Economía e Industria:

22/10/2024 | 16:27 | C. de Economía e Industria

A Oficina Económica de Galicia leva atendidas xa case 9.500 consultas, 1.000 delas nas últimas tres semanas

Lorenzana apunta que tamén se levan concertado 430 reunións de asesoramento empresarial entre outros asuntos, para abordar 164 proxectos de especial relevancia

22/10/2024 | 15:09 | C. de Economía e Industria

Lorenzana avanza que o xurado elixirá en novembro o gañador do concurso para a reforma do Pazo de Lourizán

A conselleira de Economía e Industria puxo en valor o proxecto de rehabilitación integral do edificio cun orzamento estimado de máis de 17M€ ata 2026

22/10/2024 | 14:59 | C. de Economía e Industria

Lorenzana cualifica a Lei de recursos naturais, aprobada hoxe, como a maior reforma en materia industrial e enerxética dos últimos anos en Galicia

“Hoxe é un día moi importante para Galicia”, di, para poñer en valor que a norma vai permitir á comunidade “avanzar na descarbonización, no autoabastecemento e que vai xerar un crecemento industrial e enerxético importantísimo nesta lexislatura e nas seguintes”

22/10/2024 | 13:22 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 1 M€ a obras de eficiencia enerxética en instalacións municipais de nove concellos lucenses

O delegado territorial, Javier Arias, explica que acaba de resolverse unha orde de axudas para acometer traballos de mellora do illamento, a iluminación, a climatización ou a calefacción

21/10/2024 | 19:33 | C. de Economía e Industria
21/10/2024 | 14:20 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta destaca a aposta da empresa Delicias Coruña por incrementar a súa capacidade produtiva

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá esta fábrica de elaboración de empanadas, empanadillas, pan galego e tortas localizada nas Pontes que percibiu unha achega autonómica para a adquisición de nova maquinaria

18/10/2024 | 16:27 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que os orzamentos da Xunta para 2025 trasladan certezas e confianza ás empresas e fomentan o desenvolvemento económico e industrial de Galicia

Pon en valor que Galicia é a segunda comunidade autónoma onde máis sube a confianza empresarial, segundo datos de Instituto Nacional de Estatística (INE), un 1,7 por cento

18/10/2024 | 15:51 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon a política enerxética e de acceso ao solo industrial como eixes dos orzamentos da Consellería de Economía e Industria, que suman 374 M€

Apunta que, cunha suba do 7,6 por cento, o obxectivo é facilitar ás empresas o acceso a solo industrial de xeito máis rápido para acelerar a implantación de novos proxectos e facer dos recursos naturais de Galicia unha vantaxe competitiva