Actualidade
Buscador de novas
Lorenzana e os alcaldes da área de Bergantiños abordan as iniciativas postas en marcha polo Goberno galego para atraer investimentos á comunidade
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantén un encontro de traballo cos alcaldes de Cabana de Bergantiños, Coristanco, Laxe, Malpica e Ponteceso
A Xunta subliña o seu compromiso coa industria das augas minerais, un sector en continuo crecemento en Galicia
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asistiu hoxe ao peche do curso Aspectos fundamentais da industria das augas minerais
A Xunta aboga pola innovación e a desburocratización para mellorar a competitividade e abrir oportunidades de negocio ao tecido empresarial galego
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa en Gijón no XXIV Foro ADR onde pon en valor a aposta do Goberno galego por facilitar a innovación e a modernización a través de iniciativas como os Centros de Fabricación Avanzada, os Centros Dixitais ou a rede galega de business factories
Lorenzana valora positivamente o anuncio da participación do 25% de Ignis EQT na fábrica de Alcoa en San Cibrao
A conselleira de Economía e Industria chama, non en tanto, á prudencia “porque agora temos que coñecer que é o que vai suceder nos próximos meses” e considera fundamental a celebración da Mesa de Seguimento solicitada ao Estado polo Goberno galego hai xa máis dun mes
Rueda destaca que Galicia é unha das comunidades onde máis medra a confianza empresarial
É a segunda autonomía con maior incremento no cuarto trimestre de 2024, fronte a baixada no conxunto de España
Lorenzana destaca que a Lei de recursos naturais busca promover o peche dos ciclos produtivos en Galicia e xerar industria de transformación
Explica que a lei pretende “conciliar o aproveitamento dos recursos naturais con que eses beneficios vaian ás nosas empresas e ás nosas industrias, garantindo sempre o respecto ao territorio e potenciando o binomio entre a enerxía e a industria, que é fundamental para continuar avanzando”, di
A Xunta é galardoada pola súa labor de innovación e comunicación en materia de sustentabilidade mineira
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou hoxe na I edición do Premios Nacionais Minería e Vida 2024