Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 993 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

25/03/2026 | 12:07 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aposta pola especialización e a colaboración para afrontar os retos da ciberseguridade

O director da Amtega destaca que a ciberseguridade é un elemento central na estratexia de transformación dixital da Comunidade para poder aproveitar todas as vantaxes da tecnoloxía e garantir unha contorna segura a cidadáns e empresas

24/03/2026 | 16:32 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en marcha 8 novos cursos para reforzar as competencias en materia de ciberseguridade dos profesionais de distintos ámbitos industriais

Impartiranse no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia entre abril e xuño en modalidade online e son gratuítos

24/03/2026 | 13:04 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia asiste á revisión anual dos fondos FEDER e de transición xusta co obxectivo de reforzar a coordinación entre administracións e afrontar novos retos

 O director xeral de Cohesión e Fondos Europeos, Ángel Tarrío Tobar, asiste á xuntanza, que permitirá avaliar o avance de ambos programas e compartir boas prácticas entre Administracións para mellorar a súa execución

23/03/2026 | 15:29 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Galicia deixará de ingresar máis de 120 M€ nas arcas autonómicas polas medidas aprobadas polo Goberno central para paliar os efectos da guerra de Irán

As medidas con impacto fiscal anunciadas afectan a tributos cedidos ás comunidades, polo que o impacto da menor recadación repártese entre o Estado e as autonomías

21/03/2026 | 13:47 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos destaca o compromiso da Xunta coa conservación do Mosteiro de San Salvador de Bergondo

O conselleiro de Facenda e Administración Pública e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén Do Campo, asistiron á inauguración da programación que conmemora o 900 aniversario do primeiro documento conservado no mosteiro

19/03/2026 | 14:58 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta ofrece formación para que as persoas maiores de 50 anos busquen emprego usando ferramentas dixitais

O curso desenvolverase en formato mixto: de xeito presencial na aula CeMIT da Coruña e en liña a través de plataforma de teleformación da Rede

16/03/2026 | 16:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta facilita a renovación das prazas das escolas infantís da rede pública autonómica de xeito proactivo

Mediante o envío dunha mensaxe SMS, lémbrase ás familias a posibilidade de renovar cun enlace directo á solicitude web

15/03/2026 | 10:47 | C. de Facenda e Administración Pública

A ausencia de fenda dixital consolídase en Galicia e as mulleres lideran o uso de internet e dispositivos electrónicos

O 96,4 % das mulleres empregan dispositivos electrónicos e o 94,3 % usan internet, cifras lixeiramente superiores ás dos homes

13/03/2026 | 10:48 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca novas probas para obter a certificación galega de competencias dixitais de nivel intermedio

As inscricións poden realizarse desde o luns, 16 de marzo, ata o mércores, 25 de marzo, a través da Rede CeMIT

12/03/2026 | 13:55 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta transforma a Administración para ofrecer recursos e servizos a cada persoa en función das súas necesidades e intereses

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Damián Rey, presentou hoxe o novo modelo no encontro Retos e apostas da transformación dixital nas Administracións Públicas de Galicia organizado por Socinfo Digital