Actualidade
Buscador de novas
A aposta da Xunta por unha administración máis áxil e eficiente permitiu que os galegos aforrasen en 2024 preto de 21,8 millóns de documentos
O director xeral de Simplificación Administrativa e Patrimonio, José María Barreiro, participou esta semana en Santander no II Encontro de Simplificación Administrativa: Experiencias vangardistas
A Atriga reduciu preto dun 40% o tempo medio de espera dos contribuíntes, mentres incrementou un 35% o tempo de atención nos últimos catro anos
A directora da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar a Memoria de actividades do organismo do 2024
Xunta e Comisión Europea abordan a revisión a medio prazo da política de cohesión 2021-2027
A directora da oficina da Fundación Galicia Europa en Bruxelas, Ana Ramos, foi a encargada de inaugurar e moderar unha nova edición dos ‘Encontros virtuais Xunta-UE’
Galicia incrementa o número de usuarios de Internet en máis de 113.100 persoas nos últimos catro anos
Preto do 94% dos galegos e galegas empregaron a rede en 2024
Mar e Facenda impulsan un sistema de información que dea soporte á xestión dos descritores do estado do ecosistema mariño e as poboacións explotadas
A plataforma, que está dotada con 187.000 euros, co-financiados polo Fempa, permite a dixitalización destes elementos, considerados decisivos na xestión e a investigación pesqueira
Rueda defende reforzar unha visión territorial da Unión Europea con motivo dos 40 anos da adhesión de España
Demanda maior peso das rexións á hora de xestionar os fondos europeos e salienta a gobernanza descentralizada como unha das grandes fortalezas da Unión Europea
Desde hoxe as familias galegas poderán gardar as facturas de libros e material escolar para beneficiarse da nova desgravación fiscal da Xunta
Vai dirixida ás familias con rendas per cápita superiores a 10.000€ e ata 30.000€, que ata o de agora quedaban fóra das axudas que operan para rendas inferiores a 10.000€
A Xunta pon en marcha obradoiros de verán para incentivar as vocacións tecnolóxicas entre as nenas
Desenvolveranse entre os meses de xullo e setembro nas aulas da Rede CeMIT, cun total de 28 sesións, e dúas adicionais no centro GaiásTech da Cidade da Cultura
Corgos destaca o papel clave dos enxeñeiros informáticos nunha Galicia que aposta pola mellora da calidade de vida das persoas e por unha economía competitiva
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, interveu na XVII edición da gala Noite da Enxeñería en Informática de Galicia