Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 946 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

19/10/2024 | 18:09 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destina 263,2 M€ para o Concello de Pontevedra, dos cales preto de 97 M€ corresponden a uns investimentos históricos

O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a cidade, que inclúen unha importante partida para construción de vivenda pública, ademais da obra do novo Hospital Montecelo,a aposta pola vivenda pública, as obras na residencia de Campolongo, ou a dragaxe de Lérez

19/10/2024 | 12:34 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta ampliará o vindeiro ano os beneficios fiscais ata os 751 M€ e seguirá apostando polo reequilibrio territorial en favor das provincias de Lugo e Ourense

O conselleiro de Facenda e Administración Pública entregou hoxe no Parlamento o proxecto de Lei de Orzamentos e o de Medidas Fiscais e Administrativas

18/10/2024 | 12:50 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia de Turismo de Galicia

A Lei de Medidas dos Orzamentos para 2025 recollerá a habilitación para crear a taxa turística que pide Santiago

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, acompañado do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, informou á alcaldesa da cidade desta normativa

17/10/2024 | 14:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública
16/10/2024 | 20:26 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca que Galicia é unha das comunidades onde máis medra a confianza empresarial

É a segunda autonomía con maior incremento no cuarto trimestre de 2024, fronte a baixada no conxunto de España

16/10/2024 | 13:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon a disposición do alumnado a ‘Guía de uso seguro de Internet e as redes sociais’

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa e o director da Axencia para a  Modernización Tecnolóxica de Galicia fan fincapé na necesidade de que os rapaces conten coas ferramentas necesarias para o uso responsable da tecnoloxía

16/10/2024 | 13:03 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta presenta ante o Consello de Europa os seus avances en dixitalización e intelixencia artificial

O Goberno galego foi invitado a participar nunha sesión sobre dixitalización, intelixencia artificial e gobernanza rexional, xunto a representantes de Suíza, Alemaña e Macedonia do Norte

15/10/2024 | 15:09 | C. de Facenda e Administración Pública

Aberto o prazo de inscrición para o IV Encontro CIBER.gal, que se celebrará os días 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura

O Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal organiza a cuarta edición deste evento que ofrece paneis, conferencias e talleres con contidos para as administracións públicas, a cidadanía e o tecido empresarial

14/10/2024 | 14:59 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza nos Orzamentos de 2025 o Fondo de Cooperación Local ata os 168 M€, 10 millóns máis que neste exercicio

O conselleiro de Facenda e Administración Pública e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participaron, xunto co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, na sesión da Subcomisión Permanente do Réxime Económico e Financeiro

13/10/2024 | 13:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Os concellos galegos con sede electrónica creceron un 25% nos últimos seis anos, ata acadar practicamente a totalidade

Un 97% das entidades municipais contan cun portal de transparencia, o que implica un crecemento do 2,4% con respecto a 2021