Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por máis de 33,3 M€ a execución das obras de prolongación da autovía da Costa da Morte entre Santa Irena, en Vimianzo, e a estrada AC-432
Trátase de executar un novo tramo de 5,8 km de lonxitude, ata a intersección coa vía AC-432, que comunica Vimianzo e Camariñas, cun investimento por máis de 36M€
A Xunta instala unha pasarela peonil paralela á ponte da estrada OU-150 en Cudeiro, en Ourense
O investimento da Xunta nesta infraestrutura supera os 435.000€ e prevese o remate dos traballos para finais de xuño ou principios de xullo
Belén do Campo supervisa no Porto do Son a zona da futura senda peonil e ciclista que hoxe sae a exposición pública e que construirá a Xunta na AC-550
A representante do Goberno autonómico destacou que o proxecto conta cun investimento superior aos 2,6 millóns de euros, e permitirá mellorar a seguridade viaria e a mobilidade sostible en distintos núcleos do municipio ao longo de 4,2 quilómetros
A Xunta licita as obras de 59 vivendas públicas en Paradai, en Lugo, cun investimento de 10,7 M€
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro día 29 de xuño
A Xunta adxudica unha vivenda de promoción pública en réxime de aluguer na cidade de Ourense
Manuel Pardo explicou que as persoas beneficiarias xa se poden instalar na vivenda e resaltou que estas actuacións son unha mostra máis do esforzo do Goberno galego para facilitar o acceso a unha vivenda aos cidadáns
A Xunta recibe 6 ofertas para o proxecto e construción de 36 vivendas de promoción pública con técnicas industrializadas no concello do Porriño
A Administración autonómica licitou estes traballos por 8,1M€
A Xunta adxudica por máis de 2,4M€ a renovación do firme en tres estradas de titularidade autonómica ao seu paso por cinco concellos da provincia de Lugo
As intervencións centraranse nas estradas LU-021, LU-115 e LU-541, nos seus percorridos polos municipios de Lugo, Vilalba, Castro de Rei, Begonte e Outeiro de Rei
O avance nas obras da Xunta da nova pasarela peonil na OU-150 en Cudeiro, no concello de Ourense, fará necesario o corte do trafico este vindeiro martes
Tratase de levar a cabo a montaxe dunha pasarela na contorna do punto quilométrico 1+000 da OU-150, independente da ponte actual, que salva o paso sobre o rego Val dos Gozos
A Xunta adxudica por máis de 200.000 euros as obras de mellora da seguridade viaria na intersección da estrada autonómica PO-255 en Covelo
Actuarase na intersección en "T" entre esta estrada autonómica e a estrada provincial EP-5104, dando maior visibilidade ao vehículos nos xiros á esquerda, reforzando a seguridade viaria e facendo máis cómoda a circulación
A Xunta recibe 12 ofertas para a construción de 172 novas vivendas públicas en San Paio de Navia
Trátase de dous inmobles que se construirán no Polígono 2 de Navia e a Xunta licitou a construción por 37,2M€