Actualidade
Buscador de novas
A Xunta mellorará a seguridade viaria en Viveiro coa construción dunha rotonda na contorna da Capela da Misericordia
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se traballa no proxecto para facilitar os fluxos de tráfico entre as estradas autonómicas LU-862, LU-539 e LU-540
A Xunta avanza na construción do inmoble de 40 vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán, no que se aplican técnicas industrializadas
O novo edificio de cinco plantas contará con 40 vivendas, de 2 a 4 dormitorios, que se adxudicarán en réxime de alugueiro accesible, reservando polo menos un 40% a menores de 36 anos
A Xunta inicia a construción dun novo carril segregado na glorieta que une a VG4.1 coa PO-308 na Lanzada para axudar a desconxestionar o tráfico e favorecer a mobilidade na zona
O Goberno galego prevé para finais deste mes de xullo o remate dos traballos, que non producirán afeccións na circulación
A Xunta acepta a proposta de data do Concello de Vigo para celebrar o día 16 de xullo a sesión da Comisión de Infraestruturas
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acepta a data proposta para este encontro, aínda que lamenta que a orde do día proposta polo Concello non respalda a vontade de chegar a acordos, senón a de manter unha política de confrontación
As obras de mellora dos apoios do taboleiro do viaduto da autoestrada Santiago-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesarias novas afeccións ao tráfico a partir de mañá
Este corte de tráfico no enlace da AG-53 coa A-52 comezará mañá ás 10 horas e manterase ata as 13 horas deste venres 11
A Xunta recibe 7 ofertas para executar a renovación do firme en 3 estradas ao paso por 8 concellos do sur da provincia de Pontevedra, cun investimento de 2 M€
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-402, PO-253 e PO-354, que discorren polos concellos de Ponteareas, Pazos de Borbén, A Guarda, O Rosal, Oia, Salvaterra do Miño, As Neves e Mondariz
A Xunta recibe 4 ofertas para as obras de mellora de 13 travesías urbanas en Ourense, entre elas a renovación integral do treito da OU-413 na subida ao seminario
Actuarase en trece rúas e avenidas integradas na trama urbana da cidade, que suman trece quilómetros de lonxitude, para rehabilitar o firme da calzada e reparar as beirarrúas que o precisen, cun investimento total de 2,8M€
A Xunta constitúe as comisións de selección para a incoporación de novos traballadores ao cadro de persoal da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia
Por medio dun concurso-oposición incorporaranse catro arquitectos, dous técnicos xurídicos e dous administrativos
A Xunta colabora co concello de Cerdedo-Cotobade na humanización da contorna da igrexa de Santa María de Sacos e na promoción de vivenda pública
O primeiro convenio ten como obxectivo o acondicionamento da contorna da igrexa, ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta, e suporá un investimento total de 375.000€, do que o Goberno galego financia o 70% e o Concello o 30% restante