Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita por 260.000 € a obra de cambio de cuberta do ximnasio do Colexio CEIP de Chans-Bembrive, en Vigo
A delegada territorial, Ana Ortiz, visita o centro escolar e avanza que a obra realizarase coa maior rapidez posible, atendendo aos prazos de tramitación
A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, destaca a planificación como elemento clave para acadar un territorio ordenado e sostible
Rivas participou no congreso que está a ter lugar en Ourense e que leva por título Tejidos al límite: la planificación como herramienta ante el riesgo
A Xunta somete a información pública o proxecto para unha senda peonil na estrada AC-862 en Ortigueira, que suporá un investimento de 350.000 €
Habilitarase un novo itinerario duns 500 metros de lonxitude que favoreza o tránsito peonil para as vivendas da contorna, e que permitirá unir o núcleo do municipio e o aparcadoiro que se habilita durante o Festival de Ortigueira
A Xunta somete a información pública o proxecto actualizado de prolongación da autovía da Costa da Morte entre Santa Irena, en Vimianzo, e a conexión coa estrada AC-432
A Administración autonómica investirá 36,4 millóns de euros na construción do novo treito de 5,5 quilómetros, e prevé licitar as obras antes de que remate este ano
As obras da senda do Barbaña, na zona da Avenida de Pardo de Cela, en Ourense, farán necesarias afeccións ao tráfico a partir de mañá
No marco da senda Os Remedios-Expourense, intervirase no cruce da avenida Pardo de Cela, mellorando os movementos peonís e de bicicletas e o paso do Camiño de Santiago
A Xunta remata a nova senda que une as parroquias de Bamio e Carril en Vilagarcía de Arousa, na que investiu preto de 330.000€
Ademais do itinerario peonil creado na contorna da intersección das estradas PO-548 e PO-192, os traballos permitiron garantir un acceso seguro ao cemiterio de Carril coa execución dun paso de peóns e unha pasarela de madeira dende a estrada
M. Allegue urxe a Conferencia sectorial de vivenda tras 8 meses sen reunirse para tratar coas comunidades un novo marco estatal consensuado e flexible para vivenda estable
A conselleira afirma que a Xunta non ten recibido nin un borrador do novo Plan de Vivenda cando o anterior 2022-2025 está cumprido pola comunidade ao 98%
A conselleira María M. Allegue pon en valor a aposta da Xunta pola conectividade da Costa da Morte coa prolongación da autovía outros 5,5 quilómetros, que suporá un investimento de 36 M€
Allegue anunciou que proximamente se someterá a información pública a actualización do proxecto de prolongación da autoestrada entre Santa Irena en Vimianzo e a AC-432, prevendo licitar a obra antes de que acabe o ano
O Consorcio Casco Vello de Vigo continúa coa recuperación do barrio histórico do Berbés e inicia a rehabilitación dun edificio singular con dúas vivendas
A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, presidiu o comité executivo e o consello de administración