Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.318 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

25/07/2026 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas de empresas para construír 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol

Construirase un inmoble formado por dous bloques continuos diferenciados en altura, un en “U”, que constará de 40 vivendas e outro lineal, que disporá de 18

24/07/2026 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 3 M€ as obras de renovación do firme en sete estradas ao seu paso por Vigo e tres concellos da comarca

Melloraranse as características funcionais en distintos treitos das vías autonómicas: PO-010, PO-330, PO-323, PO-324, PO-325, PO-371 e PO-403, ao seu paso polos concellos de Vigo, Redondela, Nigrán e Salvaterra do Miño

24/07/2026 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 3,1 M€ as obras de renovación do firme en oito estradas no seu percorrido por 10 concellos da Costa da Morte

Trátase de intervir na VG.-1.4, AC-404, AC-429, AC-444, AC-552, AC-546, AC-550 e AC-552, nos municipios da Baña, Cabana de Bergantiños, Cee, Fisterra, Laxe, Muros, Muxía, Santa Comba, Vimianzo e Zas

24/07/2026 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 3,3 M€ as obras de reforzo do firme en tres estradas ao seu paso por dez concellos da provincia de Lugo

Actuarase en distintos treitos das vías da Xunta: LU-633, LU-546 E LU-621, nos seus percorridos polos municipios do Corgo, Portomarín, Pedrafita do Cebreiro, Baralla, Láncara, Paradela, O Páramo, Sarria, Triacastela e Monforte de Lemos

23/07/2026 | 17:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina un convenio de cooperación para o financiamento da promoción de vivenda pública en Galicia co Banco Santander

Con este convenio, cuxa vixencia é de 4 anos, perséguese facilitar a concesión de préstamos para a promoción de fogares públicos, así como a subrogación deses préstamos a favor das persoas adxudicatarias

23/07/2026 | 17:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
23/07/2026 | 16:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

Villares e a alcaldesa de Paradela analizan os proxectos e investimentos da Xunta no concello

O delegado territorial de Lugo destacou o apoio para acondicionar infraestruturas municipais como a escola de música, así como as obras de mellora previstas na estrada autonómica LU-633 entre Sarria, Paradela e Portomarín

23/07/2026 | 14:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega unha nova vivenda rehabilitada no barrio de Ferrol vello ao abeiro do Plan Rexurbe

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na entrega de chaves do inmoble

23/07/2026 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 4 ofertas para a execución das obras da senda de Marcón, na PO-542 en Pontevedra

O novo itinerario peonil e ciclista suporá un investimento de 1,4M€ e será financiado con fondos europeos FEDER

23/07/2026 | 13:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras de mellora nas travesías urbanas da cidade de Ourense de titularidade autonómica

Manuel Pardo explicou que as actuacións que se están a levar a cabo nesta rúa con respecto ó firme consisten nun fresado puntual e a súa reposición nas zonas máis deterioradas, para logo estender unha nova capa de rodadura cunha mestura bituminosa en quente en toda a rúa