Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.318 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

10/06/2026 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da senda de 2,3 km ao longo da estrada OU-402 en Reza, no concello de Ourense, nas que inviste 1,5M€

Manuel Pardo explicou que o obxecto principal da actuación consiste na execución dun itinerario peonil continuo de 2,7km pola marxe dereita da estrada, entre o pk 1+060 e o pk 3+290, que permita conectar os tramos illados de beirarrúas existentes e as edificacións dispersas

10/06/2026 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de 58 novas vivendas públicas no Bertón en Ferrol, que suporán un investimento de 10,7 M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta licitación e as empresas poden presentar ofertas ata o vindeiro 23 de xullo

09/06/2026 | 19:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Fondo de Cooperación da Xunta facilita ao Concello de Forcarei a mellora dos camiños rurais en Alende e Muras e a rehabilitación de 10 vivendas escolares municipais

O departamento que dirixe M. Allegue financiará a obra nestes camiños da parroquia de Pereira e a rehabilitación das vivendas situadas na avenida das Maleitas cuns préstamos que suman case 459.000€, a través deste Fondo dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes

09/06/2026 | 15:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural

O delegado da Xunta reúnese co alcalde de Outeiro de Rei para coñecer as necesidades do concello e analizar proxectos de interese local

Entre as actuacións previstas figura a obra de reforzo do firme ao longo dos 11 quilómetros da estrada autonómica LU-115, de conexión con Castro de Rei, que xa foi adxudicada

09/06/2026 | 15:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Fondo de Cooperación da Xunta facilita ao concello da Baña a execución das obras de mellora dun viario municipal na zona de Troitosende

Finánciase o proxecto para a mellora das condicións de circulación e seguridade dun viario municipal que conecta co límite municipal cara a Vilacova a través dun préstamo de preto de 294.000 €, a través deste fondo dirixido a municipios de menos de 50.000 habitantes

09/06/2026 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega en alugueiro a menores de 36 anos dúas vivendas públicas acadadas coa rehabilitación de inmobles no centro histórico de Betanzos

As adxudicatarias abonarán alugueiros mensuais de 116 e 167€ por estas vivendas públicas situadas nas rúas Alfolí e Venela dos Clérigos

08/06/2026 | 18:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Fondo de Cooperación da Xunta permitirá ao Concello de Outeiro de Rei a construción dunha nova edificación para habilitar un centro de día

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas financiará as obras desta nova edificación e a rehabilitación dunha edificación auxiliar existente na parcela situada no núcleo urbano do municipio lucense, no encontro das rúas de Manuel María e do Pazo

08/06/2026 | 16:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ortiz destaca o avance da Xunta en Navia cunha nova licitación para 26 vivendas de promoción pública

A delegada territorial de Xunta visitou este luns a parcela M-IIIB-1 na que se licitará o novo proxecto por un importe de 5.576.340 euros

08/06/2026 | 15:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo anuncia en Noia que este venres se inicia a información pública do proxecto da nova senda peonil e ciclista na AC-550 que conta cun investimento de máis de 1,6 M€

A delegada da Xunta destacou que se trata dun proxecto estratéxico para reforzar a seguridade viaria e impulsar a mobilidade sostible conectando os núcleos de Noia, Taramancos e Boa

07/06/2026 | 15:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas