Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo visita Zas para anunciar a licitación das obras de firme en 10 concellos da zona de Bergantiños-Costa da Morte e Santiago cun investimento de máis de 3,5 M€
Concretamente, no Concello de Zas a delegada visitou un dos tramos da AC-404 de Santa Comba a Baio que se mellorará con esta actuación. En total neste municipio está previsto a mellora de máis de 11,7 quilómetros cun investimento de case 727.000 euros
A Xunta licita as obras de dúas novas sendas na AC-433 en Laxe, que suporán un investimento de 1,1 M€
Construiranse dous tramos de sendas peonís que suman case 2 quilómetros e que conectarán con outras executados nesta estrada en Soesto e Serantes, conformando un itinerario continuo e seguro
A Xunta abordará en Sanxenxo un novo Proxecto de Interese Autonómico para desenvolver solo onde construír 350 vivendas, a maioría protexidas
O ámbito onde se desenvolverá o PIA sitúase na parroquia de Vilalonga e o Concello adquirirá o solo, que logo porá a disposición da Xunta para a delimitación e tramitación do proxecto
A Xunta aproba a primeira orde para rehabilitar vivendas destinadas a traballadores co obxectivo de cubrir vacantes e fixar poboación no rural
Rueda salienta que se destinarán 1,5 M€ a que concellos e empresas reformen inmobles en municipios de menos de 20.000 habitantes
A Xunta licita hoxe en 3,6 M€ obras de reforzo do firme en tres estradas autonómicas de Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, explica que se mellorarán en total 64 quilómetros das vías LU-633, LU-546 e LU-621, con traballos en dez municipios da provincia
A Xunta licitará unha nova senda peonil na estrada PO-407 en O Porriño que facilitará os accesos dos escolares ao colexio Cruz de Budiño
A delegada territorial, Ana Ortiz, e o alcalde, Alejandro Lorenzo, visitaron a zona onde proximamente comezarán as obras cun investimento de 615.000 euros
Allegue destaca o papel clave da enxeñaría na planificación das infraestruturas e a cooperación na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Puxo en valor a colaboración da Consellería co Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, baseada na lealdade institucional e no respecto ao criterio técnico, “con proxectos concretos que están a transformar Galicia”