Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licitará este luns 30 as obras da senda peonil na AC-862 ao paso por Ortigueira, que suporán un investimento total de 440.000 €
O novo itinerario terá medio quilómetro de lonxitude pola marxe esquerda da estrada e conectará o núcleo do municipio co aparcadoiro que se habilita no Festival do Mundo Celta
A Xunta adxudica a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 21 vivendas de promoción pública en Bueu
A adxudicación foi autorizada hoxe polo consello de administración de Vipugal
Belén do Campo destaca o apoio da Xunta aos concellos de menos de 10.000 habitantes con axudas de 2 M€ para a mellora das súas infraestruturas turísticas
Segundo explicou a delegada da Xunta, “a convocatoria busca impulsar e consolidar a oferta turística no rural a través da recuperación, a mellora da accesibilidade e a sinalización dos recursos turísticos”
A Xunta reúne aos axentes sociais nunha xornada de traballo para abordar o novo Plan de Seguridade Viaria 2026-2030
A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, participou nesta reunión á que tamén asistiron representantes da Dirección Xeral de Tráfico, da Federación Galega de Ciclismo, COGAMI ou a Federación Galega de Transportes de Mercadorías, entre outras
A Xunta compromete 28 M€ de fondos propios para a urbanización do ámbito San Mauro en Pontevedra e prevé máis de 380 M€ de investimento inducido
Allegue subliña que o PIA de San Mauro permitirá crear “un novo barrio que albergará ao redor de 4.000 persoas” nas 2.010 vivendas previstas, o 80% protexidas
Belén do Campo supervisa os traballos previos á demolición do viaducto do CHUAC, actuación clave para avanzar nos novos accesos ao hospital
A delegada da Xunta informou que durante os tres días do corte poderase empregar o acceso ao hospital desde a AC-10 cara a avenida da Lamadosa que está reservado exclusivamente a ambulancias
Rueda apela á colaboración do sector para cumprir o reto de chegar ás 10.000 vivendas públicas en 2030
Puxo en valor o esforzo inédito que está facendo o Goberno galego para poñer en marcha máis fogares para os galegos e galegas
Martina Aneiros traslada o apoio da Xunta á reivindicación ao Goberno central da transferencia, rescate e gratuidade da AP-9
A delegada territorial da Xunta en Ferrol reuniuse hoxe con representantes da Unión de Consumidores de Galicia
A Xunta ten aberto o prazo da Oferta Pública de Adquisición de locais en Ourense para transformalos en vivendas de promoción pública en alugueiro da Xunta
Manuel Pardo lembrou que a Xunta destina 2M€ a esta iniciativa para incrementar o número de vivendas públicas a través da adquisición de locais sen uso situados en baixos ou entreplanta de inmobles de uso residencial na trama urbana da cidade