Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.318 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

04/03/2026 | 13:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe máis de 2.600 solicitudes para pedir o Bono Emancípate en dúas semanas

Lara Meneses apunta que a intención, co aumento da contía este ano ata os 3M€, “é chegar a unhas 400 persoas máis que no 2025, cando se acadaron 1.066 axudas”

04/03/2026 | 13:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 2,5 M€ na urbanización do solo da Baiuca-A Penouqueira en Arteixo para favorecer a construción de 160 vivendas

A conselleira subliña que a aprobación inicial do PIA supón “o comezo dun novo barrio, céntrico, con novos fogares, ben comunicado, con espazos verdes, zonas de lecer e servizos ”

04/03/2026 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Consorcio Casco Vello adxudica a construción dun novo edificio na rúa Alta cun investimento de 1,47 M€ para cinco novas vivendas de protección autonómica

A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, destaca a recuperación de catro parcelas do barrio histórico

03/03/2026 | 17:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
03/03/2026 | 16:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabre ao tráfico un dos carrís do tramo da AG-57 ao seu paso por Gondomar afectado polo temporal

A Xunta segue a traballar na reparación do noiro que se desprendeu o pasado día 10 de febreiro por mor das fortes e continuadas choivas

03/03/2026 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca no Vicedo que o Plan Hurbe permitiu transformar a rúa Francisco Vilasuso e a travesía da Mariña en espazos máis accesibles e humanizados

Estas intervencións, cun investimento total de 50.000€, son froito do convenio de colaboración entre o Goberno galego e o Concello do Vicedo

03/03/2026 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras de mellora da capacidade e seguridade na estrada LU-540 entre Viveiro e Ourol, nas que inviste un orzamento de 8,2 M€

O Goberno galego está a executar a mellora integral dun treito de 15,5 quilómetros deste viario, entre Viveiro e Ourol, que inclúe a rectificación de curvas, novos carrís, mellora de interseccións e o acondicionamento de firme en todo o tramo

02/03/2026 | 17:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Ribadavia colaboran nas obras de embelecemento do núcleo rural de Ventosela, cuxo investimento total suma 470.000 €

A través desta intervención, pavimentarase a rúa principal do lugar de Ventosela, e abordarase a renovación dos servizos urbanísticos e o soterrado dos tendidos aéreos

02/03/2026 | 15:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver solo residencial para 400 vivendas no concello de Marín

Desenvolverase un ámbito en Raposeiras, e das 400 vivendas, un 80% estarán sometidas a algún réxime de protección pública

28/02/2026 | 17:49 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas