Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aproba o proxecto de trazado do desdobramento do treito Nadela-A Pobra de San Xiao, que concluirá a autovía que unirá Lugo e Sarria
Rueda enmarca esta medida no gran esforzo do Executivo autonómico en materia de infraestruturas viarias e salienta que esta vía dará servizo a 100.000 veciños
A Xunta publica no DOG a delimitación do ámbito da Baiuca-Penouqueira en Arteixo, para desenvolver solo residencial onde construír 160 vivendas
A resolución implica a declaración do interese autonómico da actuación que se levará a cabo, no marco da Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta
O delegado territorial da Xunta supervisa o comezo das obras de mellora da OU-212 ao seu paso por Avión e Beariz, que suporán un investimento de preto de 1,5 M€
Manuel Pardo salientou que os traballos abranguen a mellora dun tramo de 6 quilómetros desta estrada autonómica entre Beariz e o desvío cara ao núcleo de Couso
A Xunta financia con preto de 30.000 euros a recuperación e embelecemento de cinco glorietas do paseo litoral da praia da Madalena, en Cabanas
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, supervisou esta mañá o resultado dos traballos que está a acometer o Concello grazas a unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia
A Xunta adxudica a redacción dos proxectos de interese autonómico para desenvolver solo para construír case 1.800 vivendas en Vigo e Vilagarcía
As firmas adxudicatarias elaborarán a redacción do PIA, do proxecto de expropiación e de parcelamento para a obtención de 20,1 hectáreas de solo en Vigo e Vilagarcía, destinado maioritariamente á construción de vivendas protexidas
O avance nas obras de renovación extraordinaria do pavimento da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) farán necesarias afeccións ao tráfico a partir do luns
Executase a nova capa de rodaxe entre o viaduto sobre o río Barbantiño e o enlace con OU-402 e A-52, na súa calzada esquerda (de Ourense a Santiago); e se inclúe o fresado do firme sobre os viadutos sobre a N-120, en Santa Cruz de Arrabaldo, e sobre o río Miño
A Xunta pon en valor a arquitectura como peza clave para protexer a paisaxe e favorecer o acceso á vivenda
Allegue remarcou que a Xunta traballa en distintas direccións para dar respostas ao reto da vivenda, apostando pola cooperación público-privada e en colaboración co sector
A Xunta planifica 5.300 vivendas en Vigo para 2028
O desenvolvemento de solo no Ofimático permitirá a construción de 2.300 vivendas e no ámbito de Ramón Nieto, para 1.400