Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.280 novas da C. do Mar:

19/10/2025 | 16:04 | C. do Mar

Villaverde mantén un encontro de traballo co eurodiputado Millán Mon para abordar as prioridades da pesca galega dende unha perspectiva europea

Ambos manifestaron a súa preocupación pola proposta para o Marco Financeiro Plurianual 2028-2034

18/10/2025 | 12:55 | C. do Mar

A Xunta contempla case 3 millóns de euros nos orzamentos 2026 para melloras nos portos da Mariña lucense

Marta Villaverde detallou as nove actuacións que se recollen para o vindeiro exercicio e que prevén un investimento plurianual de 21 millóns

17/10/2025 | 19:31 | C. do Mar

A consellería do Mar traslada na Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste a súa aposta pola pesca artesanal

A Xunta apoia esta modalidade pesqueira con 4,8M€, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura

17/10/2025 | 14:48 | C. do Mar

A Xunta promove unha Aula do Mar na Confraría de Arcade, destinada a impulsar e dar visibilidade á actividade pesqueira da zona

Será un espazo de comunicación transversal no que o sector poderá adquirir e compartir coñecementos entre o persoal técnico e científico e a propia veciñanza

16/10/2025 | 16:51 | C. do Mar

A Consellería do Mar prevé rematar o reforzo da ponte das Goritas en Cambados antes do próximo verán

Marta Villaverde visitou a dársena cambadesa para informar do investimento de 400.000 euros por parte de Portos de Galicia na rehabilitación desta infraestrutura e aumento da súa vida útil

15/10/2025 | 13:53 | C. do Mar

A Consellería do Mar e o concello da Guarda amplían as zonas habilitadas para a pesca recreativa nos peiraos do municipio

Marta Villaverde recibiu ao alcalde guardés para afondar na colaboración entre ambas administracións para actuacións como a posta en valor do peirao norte e a iluminación do dique

14/10/2025 | 16:05 | C. do Mar

Villaverde chama á unidade na defensa dunha Política Pesqueira Común descentralizada e con financiación para atender ás necesidades da cadea mar-industria

A conselleira do Mar puxo en valor o traballo impulsado polo Goberno galego xunto ao sector no marco do Consello Galego de Pesca onde foron aprobados ditames que establecen a folla de ruta de Galicia en Bruxelas