Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.280 novas da C. do Mar:

25/09/2025 | 12:12 | C. do Mar

A Xunta financia a posta en marcha dun novo centro de atención diúrna para persoas con alzheimer ao abeiro das estratexias de desevolvemento local

A conselleira do Mar sitúa esta actuación como exemplo do impacto transversal destas actuacións e destaca que este ano foron aprobados 160 proxectos que mobilizarán un investimento público-privado de 15,8 millóns de euros

24/09/2025 | 14:51 | C. do Mar

Villaverde destaca o Porto da Coruña como referente da rede portuaria que concentra o 25% das descargas de productos pesqueiros da comunidade

A responsable autonómica mantivo un encontro de traballo cos xestores desta infraestrutura portuaria para analizar a situación actual e valorar liñas de colaboración entre ambas administracións

24/09/2025 | 14:21 | C. do Mar

Rosa Chapela, directora de Cetmar, participa en Aquaculture Europe 2025, o maior congreso europeo de acuicultura

A directora de CETMAR, Rosa Chapela, participa esta semana en Aquaculture Europe 2025, en Valencia. Intervirá na mesa redonda Attracting new talents in aquaculture e modera unha sesión sobre economía

23/09/2025 | 19:18 | C. do Mar

O GALP Ría De Vigo-A Guarda impulsa sete proxectos de dinamización da actividade marítimo-pesqueira por valor de 385.000 euros

As iniciativas están promovidas polas confrarías de Moaña, Redondela e Arcade, por Conxemar e AFAMO, e polos Concellos de Soutomaior e Vilaboa

23/09/2025 | 18:07 | C. do Mar; C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lidera o debate das comunidades sobre o futuro da Política de Cohesión

O Goberno galego aposta por unha xestión descentralizada destes fondos e pon en valor o traballo levado a cabo polas autonomías, ao mesmo tempo que advirte de que a centralización no reparto destes fondos suporía un acceso máis complexo

23/09/2025 | 17:09 | C. do Mar
23/09/2025 | 15:03 | C. do Mar

A Xunta apoia á Confraría de Cambados con máis de 1,6 millóns de euros para melloras dos equipamentos portuarios e medidas de xestión do medio mariño

A conselleira do Mar mantivo un encontro con representantes da entidade para abordar as necesidades particulares do sector nesta zona e tamén analizaron posibles medidas futura para impulsar a actividade pesqueira e marisqueira

19/09/2025 | 16:53 | C. do Mar

Galicia satisfeita polo incremento das posibilidades de pesca de bacallau e o mantemento en especies como a gallineta, a raia e a bertorella no cumio da NAFO

O único punto negativo é a pequena redución na cota de fletán negro dun 0,22% pola aplicación da nova regra de explotación o que se traduciu en 32 toneladas menos cun TAC para o 2026 14.729 toneladas das cales 6.398,9 corresponden á frota comunitaria