Actualidade
Buscador de novas
Villares traslada ao alcalde de Boiro que Portos investirá 133 mil euros na renovación da iluminación do porto de Cabo de Cruz
O conselleiro do Mar explicou que a instalación dunha nova rampla de varada que dará servizo o club de remo está pendente do preceptivo informe de Costas do Estado desde xullo do 2024
A Xunta destina máis de 200.000 euros a un proxecto coa USC para a detección da alga asiática invasora e impedir a súa proliferación na costa galega
Para o seu desenvolvemento, cuxo período se estende ata 2027, contarase tamén coa colaboración da UDC, a Federación Galega de Confrarías e os pósitos de A Coruña, Cangas e Baiona
Alfonso Villares pon en valor o traballo das redeiras no marco de sector pesqueiro galego
Medio cento de profesionais procedentes do País Vasco, de Cantabria e Asturias se deron cita no simposio co que colabora a Administración autonómica, e no que se abordou a situación e o futuro da profesión en ambas as dúas comunidades ou a representatividade nas decisións que afectan a este oficio
Redemar celebra unha xornada informativa sobre o proxecto Sol-Ouxa I para abordar os efectos deste peixe nos bancos marisqueiros de Galicia
Esta acción investigadora está liderada polo CIMA coa colaboración do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) e da Federación Galega de Confrarías de Pescadores
Portos de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa acordan a proposta para a reversión ao estado de terreos innecesarios no peirao de Vilaxoán
O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e no seu caso trasladarse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP
A Xunta destina 10,5 M€ a impulsar a competitividade das pemes transformadoras dos produtos de pesca e da acuicultura
O responsable de Mar destaca o forte tecido empresarial desta conserveira, pois contribúe ao desenvolvemento da comarca e a que Galicia sexa líder a nivel nacional e internacional tamén no eido da comercialización
Rueda defende ante a Comisión Europea un desenvolvemento enerxético, industrial e pesqueiro compatible coa protección do medio ambiente
Trasládalle a Ribera a “absoluta rigorosidade” coa que se tramitan os proxectos industriais na Comunidade
Redemar aproba os proxectos de investigación Volaria e Octosan sobre a volandeira na Ría de Vigo e o estudo do ciclo vital do polbo
Estas iniciativas contan coa participación do CSIC, o Intecmar, a Universidade de Vigo, a Asociación de Marisqueo a Flote Ría de Vigo e as confrarías de Bueu, Baiona, Ribeira, e Fisterra
O CETMAR organiza e acolle unha xornada para analizar e planificar a transferencia de resultados do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia
O obxectivo da xornada é desenvolver as estratexias de xestión, explotación e valoración do coñecemento resultante das investigacións desenvolvidas nos paquetes de traballo relacionados coa acuicultura e os recursos marisqueiros