Actualidade
Buscador de novas
Villares destaca a innovación e a investigación como elementos estratéxicos para a explotación sostible dos recursos marítimo-pesqueiros
Sinala a extracción de algas como exemplo do esforzo do sector pesqueiro galego para diversificar a súa produción, ampliando a súa oferta de produtos e poñendo en valor a variedade e riqueza dos alimentos que ofrecen as rías galegas
Villares destaca que Galicia traballa da man do sector da pesca para defender os seus intereses e garantir a soberanía alimentaria
Confirma que o reto do Goberno autonómico seguirá a ser que a Comisión Europea cree as condicións necesarias para que a actividade marítimo-pesqueira sexa sostible e competitiva
Villares traslada a Costas Kadis a vontade do Goberno galego de traballar conxuntamente na Política Pesqueira Común
O titular de Mar agradeceu ao chipriota a súa predisposición a visitar Galicia unha vez que remate o proceso de confirmación no Parlamento europeo
Galicia reclama unha avaliación do stock do xurelo e a xarda específica para as subzonas 9A e 8C e denuncia que o modelo actual prexudica á frota galega
O Goberno galego sinala que, ao igual que acontece co xurelo, o estado da poboación desta especie non debería ser analizada en zonas CIEM tan amplas, afectadas pola sobreexplotación de países do norte de Europa
Ana Ortiz destaca o proxecto 'Labmar' como “iniciativa módelica” para a protección do ecosistema do parque nacional das Illas Atlánticas
A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este mércores na presentación da iniciativa de Fundamar, Amicos e Federación Nacional de Cofradías de Pesca para impulsar a economía azul e reducir a contaminación mariña
Villares sinala que a Estratexia da Economía Azul de Galicia persegue valorizar o patrimonio e o turismo asociados ao sector da pesca
Melleres adianta que esta comarca será un destino protagonista na nova Estratexia de Turismo de Galicia 2030 que a Xunta está a desenvolver para acadar unha proposta auténtica, sostible e diferenciadora doutras zonas no conxunto de España
Galicia e Namibia amosan o seu interese en renovar o Memorando de Entendemento dentro dun proxecto xeral marco a asinar co Reino de España
O acordo reforzaría a relación existente entre a comunidade autónoma e o país africano en materia de investigación, cooperación e xestión pesqueira, así como a xeración de valor engadido
A Xunta incrementa os fondos destinados á internacionalización, mellora da comercialización e promoción dos produtos do mar un 80% ata os 20 millóns de euros no 2025
No 2024 estes fondos foron incrementados un 30% superando os 11 millóns de euros o que permitiu atender a expansión da actividade das feiras e a dinamización específica dos produtos de calidade diferenciada
A Xunta de Galicia incluirá terreos do porto de Foz na primeira fase da proposta de reversión ao Estado de solos declarados innecesarios
José Antonio Álvarez lembrou que as taxas que se liquidan ao Concello polo uso non portuario dos terreos responden principalmente a actividades polas que a propia Administración local cobra á súa vez aos vendedores e feirantes