Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.996 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

22/10/2026 | 15:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca o papel clave das repotenciacións de parques eólicos para reducir o impacto no territorio, xa que permiten eliminar ata o 85% dos aeroxeradores

Os 24 proxectos deste tipo executados ou en curso en Galicia pasarán de ter 1.047 aeroxeradores a operar con tan só 150 moito máis modernos e eficientes

22/10/2026 | 14:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Chantada colaboran para ampliar a superficie do punto limpo

Tamén se incorpora un vehículo de recollida de biorresiduos como novo recurso para mellorar a eficiencia na xestión dos refugallos de competencia municipal

22/10/2026 | 13:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo destaca o apoio da Xunta de 53.000€ para mellorar a iluminación e a xestión de residuos do parque empresarial de Madanela en Melide

A delegada da Xunta comprobou o resultado das actuacións que permitiron reducir máis dun 70% o consumo eléctrico anual do alumeado público nun polígono industrial de 215.588 cadrados que alberga a 86 empresas

22/10/2026 | 13:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta devolve ás Fragas do Eume un miñato e unha curuxa recuperados no centro da fauna silvestre

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou no acto onde fixo un chamamento á colaboración cidadá para garantir a conservación e protección destes animais e os seus hábitats

21/10/2026 | 15:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta sinala o récord de 39 bandeiras verdes concedidas este ano como exemplo do compromiso ambiental e paisaxístico dos concellos galegos

Ángeles Vázquez sinala que foi a convocatoria con máis concellos recoñecidos e tamén na que máis solicitudes se recibiron

21/10/2026 | 15:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incentivará a concellos e empresas para avanzar na redución das perdas de auga e na reutilización dos recursos hídricos

Ángeles Vázquez explica que se propón reducir nun 10% o canon por perdas de auga aos municipios que faciliten información sobre as fugas nas súas redes

21/10/2026 | 14:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta expón en Ourense o seu modelo de xestión coordinada do xabaril desde un ámbito transversal e diferencial do territorio

Marisol Díaz explica que é necesario combinar prevención de danos, control poboacional, actuacións sobre as infraestruturas viarias, vixilancia sanitaria, información e cooperación institucional

21/10/2026 | 11:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta outorga unha concesión de ocupación de preto de 490 metros cadrados para unha rede de saneamento no concello coruñés de Miño

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve a solicitude municipal presentada en decembro do 2025 e cuxo ámbito de actuación afecta á rúa Extremeiro

20/10/2026 | 18:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Leiro avalían medidas para a mellora do abastecemento na localidade

Na xuntanza analizouse o proxecto municipal para reforzar o servizo cunha captación superficial no río Avia

20/10/2026 | 16:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima ás empresas galegas a aplicar os principios de economía circular no seu proceso productivo a través da reutilización de equipamentos industriais

Ángeles Vázquez destaca que prolongar a vida útil dos equipamentos mediante a súa reparación, actualización e reutilización reduce residuos e mellora a competitividade empresarial