Actualidade
Buscador de novas
A Xunta presenta o primeiro museo virtual dun parque natural para achegar o patrimonio á cidadanía a través dunha experiencia visual inmersiva
O obxectivo desta iniciativa é permitir visitar e explorar estes espazos protexidos desde calquera lugar, sen límites físicos e combinando a divulgación científica e os contidos culturais
Mondariz mellora o abastecemento de auga potable do lugar de Boente (Gargamala) grazas a unha axuda da Xunta de 30.000 euros
Instaláronse máis de 500 metros de canos que permitirán dar servizo a 12 domicilios
A Xunta e o Concello de Malpica de Bergantiños destinarán 1,25 M€ á mellora do saneamento coa construción dunha EDAR no lugar de Beo
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, financiará o 80% do proxecto, mentres que o 20% restante correspondería á Administración local
Belén do Campo supervisa as melloras de eficiencia enerxética de dous edificios municipais no concello de Dumbría realizadas cun apoio da Xunta de case 150.000 euros
A delegada explicou que esta achega do Fondo de Compensación Ambiental non competitivo permitiulles realizar obras na Casa de Cultura de Olveiroa e no local social de Bustelo
A Xunta dá luz verde ambiental a un centro de xestión de residuos informáticos en Culleredo
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta adxudica por máis de 770.000 euros as obras de mellora para reducir o risco de inundación do río Fontecova, en Viveiro
A actuación está destinada a mellorar a capacidade hidráulica do leito do río e a evitar asolagamentos no núcleo da Tafona
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á ampliación do parque empresarial do Corgo
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que esta iniciativa teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Ángeles Vázquez ofrece en Valencia a Lei galega do litoral como marco de referencia para o deseño da futura normativa estatal de Costas
Lamenta o intento do Goberno central de reformar pola porta de atrás a Lei de Costas a través dunha modificación do seu regulamento sen ningunha reunión, aviso ou notificación previa ás comunidades
Galicia rexistrou o inverno meteorolóxico máis húmido do último cuarto de século
Ángeles Vázquez explica que se tratou do cuarto inverno máis chuvioso da serie histórica cunha precipitación media de 800 litros por metro cadrado, que é un 81% superior ao habitual neste período
A Xunta avanza no deseño de solucións de adaptación climática para consolidar Galicia nos obxectivos de neutralidade
Ángeles Vázquez pon en valor a participación de Galicia no proxecto europeo SystR, que ten como obxectivo acelerar a adaptación ao cambio climático en Europa con solucións coordinadas e conectadas para conseguir unha resiliencia sistémica