Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.994 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

30/09/2026 | 13:41 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que a concesión que autorizou para a ocupación de 1.300 m2 do litoral desbloquea o proxecto para mellorar o saneamento da ría de Arousa

Ángeles Vázquez lembra que a renovación do colector litoral das Patiñas estaba paralizada pola negativa de Costas do Estado a autorizar a ocupación do dominio público marítimo-terrestre necesaria para a súa execución

30/09/2026 | 12:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta abre mañá o prazo para que os concellos costeiros poidan pedir autorización para explotar servizos de tempada no seu litoral en 2027

Por segundo ano desde que asumiu a xestión plena da costa, o Goberno galego tramitará de forma directa estas solicitudes no dominio público marítimo-terrestre

30/09/2026 | 11:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á instalación dun campamento turístico en Cuntis

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

29/09/2026 | 15:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Valga avalían vías de colaboración en materia de augas

Abordaron a situación da depuradora xeral da localidade, así como a necesidade de construír unha nova EDAR na contorna de Carracido 

29/09/2026 | 15:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ultima as obras de mellora da estación depuradora de augas residuais de Triacastela

Esta actuación, que supuxo un investimento de máis de 450.000 euros, permitirá dar servizo a unha poboación de 600 habitantes

29/09/2026 | 13:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza co sector da hostalaría e da restauración no deseño de accións para avanzar na redución do residuo alimentario

Ángeles Vázquez sinala que a experiencia e o coñecemento dos axentes que operan a diario nestes ámbitos é clave para obter unha boa diagnose da situación e deseñar a folla de ruta a seguir de forma realista, consensuada e adaptada á realidade galega

29/09/2026 | 12:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia con 17.200 euros a mellora da senda entre Vilachá e o miradoiro de Punta da Mansa, en Xove

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, comprobou o resultado da actuación, financiada con cargo á orde de axudas para impulsar zonas verdes e crear espazos de refuxio climático

28/09/2026 | 15:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda destaca o avance na creación do Rexistro de concesións e autorizacións que situará Galicia á vangarda en transparencia e xestión do litoral

Salienta que esta ferramenta, que estará lista “antes de que remate o ano”, busca que a cidadanía “poida coñecer en todo momento os permisos vixentes na costa”

28/09/2026 | 15:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colaborará cos concellos de Ferrolterra para mellorar o abastecemento na zona

Logo de que os municipios lle trasladaran que o arranxo da tubaxe das Pías é unha cuestión prioritaria, Roi Fernández compromete a participación do organismo hidráulico neste proxecto e ofrece apoio tamén para planificar solucións alternativas unha vez completen a auditoría das súas redes

28/09/2026 | 11:33 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á instalación dun campamento turístico en Sober

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada