Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.801 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

13/07/2025 | 09:11 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta contrata por 1,15 M€ a vixilancia e seguimento dos vertidos de augas residuais na demarcación hidrográfica Galicia-Costa

O obxectivo é favorecer a sostibilidade ambiental e a xestión eficiente dos recursos hídricos dentro da conca xestionada por Augas de Galicia, contribuíndo á protección dos ecosistemas acuáticos e a mellorar a calidade das augas da Comunidade

12/07/2025 | 12:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor o traballo de conservación e divulgación ambiental da piscifactoría do Carballiño

O centro realiza un importante labor de cría de variedades de troita dos ríos galegos así como de coidado da fauna piscícola

11/07/2025 | 15:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta pide ao Goberno central que fixe criterios claros para declarar zonas vulnerables por nitratos atendendo ás peculiaridades das comunidades

O Executivo galego considera vital que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico conclúa o estudo de presións e impactos cos datos aportados polas autonomías e estableza limiares na liña dos que marca a Comisión Europea

11/07/2025 | 15:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia con máis de 130.000 € distintas actuacións para recuperar a contorna do río Mao na Serra do Xurés tras los incendios de 2017

Os proxectos impulsados pola comunidade de montes de Puxedo, Guende e A Cela entre 2018 e 2025 permitiron crear a Ruta das Olas, de 6,7 quilómetros, restaurar preto de 30 hectáreas de superficie e plantar máis de 1.500 exemplares de especies autóctonas de ribeira como amieiros, freixos e bidueiros

11/07/2025 | 13:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia con máis de 130.000 euros distintas actuacións para recuperar a contorna do río Mao na Serra do Xurés tralos incendios de 2017

Os proxectos impulsados pola comunidade de montes de Puxedo, Guende e A Cela entre 2018 e 2025 permitiron crear a Ruta das Olas, de 6,7 quilómetros, restaurar preto de 30 hectáreas de superficie e plantar máis de 1.500 exemplares de especies autóctonas de ribeira como amieiros, freixos e bidueiros

10/07/2025 | 15:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta solta na praia de Esmelle 7 dos 30 polos de píllara das dunas criados en catividade esta campaña no centro de recuperación da fauna de Oleiros

A delegada territorial, Martina Aneiros, participou no acto xunto á directora territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e persoal técnico e representantes da USC e da Sociedade Galega de Historia Natural

10/07/2025 | 13:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta a importancia de avanzar no deseño de refuxios climáticos nos concellos tralo xuño máis cálido da serie histórica

A Xunta e a Universidade de Vigo inician a segunda fase do proxecto para deseñar ferramentas coas que os municipios poidan actuar a nivel local elaborando mapas de calor que permitan deseñar espazos máis resilientes e saudables

10/07/2025 | 13:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez e o alcalde de Valga avalían vías de colaboración en materia de augas e xestión de residuos

Ángeles Vázquez pon en valor os máis de 740.000 euros que Augas de Galicia leva investidos nas obras de mellora da marxe dereita do río Valga e do espazo fluvial do río Louro entre a estrada PO-548 e a liña do ferrocarril

09/07/2025 | 13:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará 100.000 € á preservación de sementes de especies vulnerables para consolidar Galicia na vangarda da conservación ambiental

Ángeles Vázquez valora a xoia que supón o Banco de Xermoplasma, que é unha das coleccións máis importantes de España con máis de 3.000 variedades tradicionais galegas conservadas, protexidas e postas ao servizo do futuro

08/07/2025 | 15:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta entrega aos concellos de Foz e Burela as bandeiras azuis que recoñecen a calidade das súas praias

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe nos izados realizados nos areais da Rapadoira y A Marosa, dous dos 16 mariñáns que lucirán este verán o distintivo