Actualidade
Buscador de novas
Activo un incendio forestal no concello lucense de Pantón, parroquia de Pombeiro
Decretouse a Situación 2 como medida preventiva pola proximidade ao núcleo de poboación de Lornís
Medio Rural destina preto de 200.000 euros á reparación dunha vía de comunicación entre A Lama, Avión e Beariz
A conselleira María José Gómez coñeceu hoxe o resultado da intervención na pista Portela da Cruz-Hedreira, que forma parte dos traballos de colaboración cos concellos en materia de mellora das súas infraestruturas rurais
Belén do Campo destaca que o Plan Camiña Rural supuxo un investimento de 156.000 € na mellora de infraestruturas rurais en Aranga
A delegada da Xunta avaliou co alcalde as achegas da Xunta que lle permitiron mellorar un camiños de acceso a parcelas agrícolas, da anualidade 24-25 con máis de 77.700 euros, e supervisaron a zona na que se executará a nova intervención cunha axuda de máis de 78.000 euros que reciben para as anualidades 25-26
Medio Rural salienta en Vilariño de Conso o apoio ás explotacións gandeiras que se viron afectadas pola vaga de lumes
A conselleira do Medio Rural visitou esta tarde unha granxa que perdeu pastos e varios peches, e que ademais recibiu o alimento para gando posto a disposición pola Xunta desde a primeira semana dos lumes
Medio Rural atendeu xa a máis de 750 persoas e tramitou 143 axudas para os afectados polos lumes en Valdeorras
A conselleira María José Gómez achegouse esta mañá ata a oficina agraria móbil posta a disposición dos afectados en Vilamartín de Valdeorras para dar información e asesoramento das diferentes liñas de apoio da Xunta
Controlado o incendio do concello lucense de Barreiros, parroquia de San Xusto de Cabarcos
O lume iniciouse ás 16.14 horas do domingo e segundo as últimas medicións afecta unha superficie de 140 hectáreas, todas elas de monte arborado
A Xunta destaca o papel do mercado ‘Artesanamente’ na posta en valor dos oficios tradicionais e das marcas artesanía de Galicia e Artesanía Alimentaria
A Fundación Artesanía de Galicia e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria colaboran na organización da primeira edición deste evento, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de setembro en Santiago de Compostela, na sede de Afundación