Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.611 novas da C. do Medio Rural:

13/06/2026 | 12:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Medio Rural

Medio Rural promove a I Feira do Viño Rosado de Galicia dentro da Festa da Rosa de Mos

Un total de oito adegas das denominacións de orixe Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras participan no evento, inaugurado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quen foi nomeada tamén Valedora da festa

12/06/2026 | 19:39 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca a importancia da formación da rama agraria para o impulso do sector e da remuda xeracional

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, interveu hoxe na clausura do acto de graduación do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude

12/06/2026 | 18:19 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello coruñés de Padrón, parroquia de Herbón

O lume iniciouse ás 16.01 horas e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas de superficie afectada

12/06/2026 | 17:35 | C. do Medio Rural

María José Gómez reafirma a aposta da Xunta pola xestión forestal ordenada e sustentable

Durante a súa intervención na Asemblea Ordinaria de Lugo Madera a conselleira do Medio Rural puxo en valor a relevancia do sector forestal e da madeira en Galicia, ao que cualificou como unha das grandes fortalezas económicas da comunidade

12/06/2026 | 17:28 | C. do Medio Rural

Medio Rural pon en valor as axudas de transformación e comercialización de produtos agrarios para xerar valor engadido no territorio

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias destacouno hoxe na súa visita á Cooperativa Xallas, en Santa Comba, beneficiaria destas achegas

12/06/2026 | 13:04 | C. do Medio Rural

Medio Rural recoñece o traballo de Kiwi Atlántico no marco da nova estratexia de prevención de perdas e loita contra o desperdicio alimentario en Galicia

Gómez lembrou esta iniciativa, anunciada esta mesma semana no Consello da Xunta, que se elaborará e presentará neste 2026 e que conta cun marcado carácter social

11/06/2026 | 17:03 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca o sector alimentario como un eido estratéxico para Galicia que supón o 6,4% do PIB

Sinalou así que este eido xera máis de 100.000 empregos e supera os 4.000 millóns de euros en exportacións

11/06/2026 | 13:56 | C. do Medio Rural

Medio Rural dedica 8,6 M€ á modernización de equipamentos agrarios e á mitigación do cambio climático

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá unha explotación en Monfero, onde puxo en valor estas achegas para a compra de equipamentos eficientes e de agricultura de precisión

11/06/2026 | 13:29 | C. do Medio Rural

Medio Rural anuncia a constitución dun Comité de Expertos do ámbito forestal para reforzar a prevención, defensa e ordenación do monte

A conselleira María José Gómez avanzou hoxe a medida na inauguración do evento rexional do programa europeo Interreg Sudoe contra incendios forestais USE4FOREST