Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.339 novas da C. do Medio Rural:

02/02/2026 | 17:37 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu apoio á produción de pataca e á mellora das infraestruturas rurais de Coristanco

A conselleira do Medio Rural recibiu ao alcalde desta localidade, para reforzar a colaboración a prol deste cultivo

02/02/2026 | 17:31 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta a calidade e singularidade dos viños galegos na Barcelona Wine Week

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe na inauguración deste evento, un dos máis destacados do mundo da enoloxía no ámbito internacional

02/02/2026 | 12:48 | C. do Medio Rural

A Xunta aposta polo desenvolvemento rural coa maior convocatoria da historia das axudas Leader dotadas con 28,7 M€ ata 2028

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe estas achegas, cuxo reparto por anualidades supón unha importante vantaxe para os promotores dos proxectos, que poderán desenvolver a súa iniciativa cunha maior marxe temporal

02/02/2026 | 11:46 | C. do Medio Rural

Medio Rural publica a relación de máis de 5.700 aspirantes para as probas físicas e visuais para o persoal do servizo contra incendios forestais

O Diario Oficial de Galicia detalla as características das probas e avanza que as visuais terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), situada en Santiago de Compostela, nos días 9, 10 e 11 de febreiro de 2026

31/01/2026 | 15:03 | C. do Medio Rural

Medio Rural pon en valor a colaboración co sector na recuperación da raza autóctona porco celta

A conselleira agradeceu o traballo de asociacións como Asoporcel e subliñou o papel do Goberno galego neste proceso, con axudas a criadores, investigación, protección da raza e promoción dunha marca que hoxe “é sinónimo de calidade, tradición e futuro”

31/01/2026 | 13:09 | C. do Medio Rural

María José Gómez avanza un reforzo á promoción do mel de Galicia con selo de calidade para ampliar o seu coñecemento nacional e internacional

A conselleira do Medio Rural participou na inauguración da V Feira Internacional de Apicultura Alvariza que se celebra a fin de semana en Lalín

30/01/2026 | 18:12 | C. do Medio Rural

María José Gómez salienta o apoio ao sector apícola con axudas para mellorar a súa competitividade

A conselleira do Medio Rural visitou hoxe Puramel Sacra, no Saviñao, un dos produtores apícolas galegos premiados recentemente nos Paris Honey Awards

30/01/2026 | 13:43 | C. do Medio Rural

María José Gómez presenta a nova liña de achegas para promover a reforestación de coníferas e frondosas tras a corta de madeira, con máis de 8 M€ ata 2027

Esta convocatoria da Consellería do Medio Rural publicouse onte no Diario Oficial de Galicia (DOG), polo que o prazo para solicitalas está xa aberto e remata o 12 de marzo