Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.611 novas da C. do Medio Rural:

03/03/2026 | 19:15 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda defende os intereses do agro galego en Bruxelas ante os desafíos do acordo con Mercosur e da nova PAC

Demanda á Comisión Europea que se cumpra o Regulamento de salvagardas no acordo con Mercosur e que se intensifiquen os controis nas fronteiras

03/03/2026 | 16:06 | C. do Medio Rural

A Xunta traballa na actualización da estratificación dos tramos de produción de leite das explotacións para adaptalos á actual realidade do sector

O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu o grupo de traballo do Observatorio do Sector Lácteo de Galicia que abordou hoxe esta cuestión

03/03/2026 | 13:14 | C. do Medio Rural

A Xunta e o concello de Trazo poñen en valor a súa colaboración fronte os incendios forestais

O director xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, Manuel Francisco, recibiu esta mañá á alcaldesa da localidade, Josefina Suárez, para avanzar nesta cooperación

28/02/2026 | 17:10 | C. do Mar; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reunirase en Bruxelas co comisario de Agricultura e Alimentación para defender os intereses do sector primario galego ante o tratado UE-Mercosur e o novo marco financeiro europeo

Manterá unha xuntanza o martes co comisario para trasladarlle a posición da comunidade ante a entrada en vigor provisional do tratado e esixir que as salvagardas aprobadas polo Parlamento Europeo sexan activadas de maneira áxil e efectiva

28/02/2026 | 10:42 | C. do Medio Rural

Alumnado do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias da Xunta complementa a súa docencia teórica con visitas en Ribadeo e a Asturias

En Ribadeo, onde ten a súa sede este CFEA, os estudantes coñeceron unha explotación agrícola en ecolóxico 

27/02/2026 | 21:04 | C. do Medio Rural

María José Gómez pon en valor o Premio Aresa de Desenvolvemento Rural como un recoñecemento de referencia dentro do sector agrogandeiro galego

A conselleira do Medio Rural participou no acto de entrega deste galardón á empresa Bico de Xeado, da cal destacou a súa aposta pola innovación e pola transformación do leite desde Galicia nun produto de alto valor