Medio Rural e o concello de Paradela avanzan no desenvolvemento do sector forestal na localidade
2026-03-02
/documents/35297/2040120/20260302LuisaPi%C3%B1eiroAlcaldesaParadela.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 2 de marzo de 2026
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet, para avanzar na súa cooperación a prol do desenvolvemento do sector forestal nesta localidade.
O concello de Paradela é un dos municipios que forma parte do plan piloto de recuperación de soutos tradicionais impulsado pola Consellería do Medio Rural para favorecer o seu aproveitamento a través das agrupacións forestais de xestión conxunta. Neste concello, o proxecto abrangue unha superficie de 46 hectáreas na contorna do río Loio.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 02/03/2026