Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural amplía a época de alto risco de incendios forestais deste ano ata o vindeiro 31 de outubro
A Consellería publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se amplía este período, que inicialmente remataba o 30 de setembro e, trala anterior ampliación, o 15 de outubro
Medio Rural reforza o seu compromiso coa agricultura ecolóxica no II encontro galego deste sector
A Xunta, a través de AGACAL, impulsa a celebración deste encontro, que terá lugar o vindeiro 17 de outubro en Parga, Guitiriz
Medio Rural impulsa en Sober a elaboración artesanal de vermús, licores, augardentes e bebidas espirituosas
A xornada forma parte do ciclo de Aulas Abertas de Artesanía Alimentaria, promovido por AGACAL para divulgar as oportunidades de diferenciación e creación de valor destas producións
A Xunta dá luz verde aos textos dos Estatutos das mulleres do rural e do sector marítimo-pesqueiro, que entran na súa fase final de tramitación
O Consello do Goberno galego acordou o envío ao Consello Consultivo de ambos os documentos, que veñen desenvolver a Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia
Medio Rural destaca a Festa da Pataca de Vilar de Barrio como referente na promoción do produto local
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiu hoxe á derradeira xornada da celebración, onde destacou a calidade do produto da comarca
Extinguido un conato de incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, que afectou o Parque Natural do Xurés
Iniciouse ás 18,44 horas de hoxe, quedou extinguido ás 20,22 h. e afectou 100 metros cadrados
María José Gómez destaca as oficinas rurais como servizos esenciais para a atención á cidadanía e ao sector primario
A conselleira do Medio Rural, acompañada da secretaria xeral técnica do seu departamento e do director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, visitou a oficina de Meira, onde valorou a importancia destas instalacións para a poboación