Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.598 novas da C. do Medio Rural:

29/10/2025 | 16:47 | C. do Medio Rural

Medio Rural porá en marcha en Baleira unha reestruturación parcelaria cun investimento de 1,75 millóns de euros

A conselleira María José Gómez presentou hoxe os detalles do proxecto de mobilización de terras que se impulsará na parroquia de Retizós, onde se prevé actuar en 1.661 parcelas propiedade de 178 titulares

28/10/2025 | 16:59 | C. do Medio Rural

Medio Rural incrementa nun 1 % o seu orzamento, ata 708 M€, para impulsar a ordenación do territorio, a calidade agroalimentaria e a remuda xeracional

As diferentes actuacións que se levarán a cabo estrutúranse en tres eixos fundamentais: ordenación do territorio e equilibrio rural; calidade e apoio á seguridade da produción; e innovación, emprendemento e futuro do sector

28/10/2025 | 16:04 | C. do Medio Rural

Medio Rural celebra hoxe unha xornada técnica sobre a artesanía alimentaria e a sustentabilidade no sector lácteo

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou esta mañá na benvida desta acción formativa, coa que se reforza o liderado da comunidade no sector lácteo

28/10/2025 | 13:32 | C. do Medio Rural

Medio Rural volve urxir ao Ministerio de Agricultura que defenda ante a UE unha vacina marcada preventiva sobre a dermatose nodular contaxiosa

Reclamouse tamén máis coordinación a nivel estatal e, no caso de detectarse un foco, que se poñen en marcha indemnizacións e que os sacrificios se realicen só en matadoiros e non nas explotacións

28/10/2025 | 12:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

Rueda anuncia que a Xunta constituirá unha fundación no 2026 para impulsar a investigación forestal en Galicia

O obxectivo é promover a innovación nun sector estratéxico para a comunidade e avanzar cara “un monte diverso, produtivo e que xere riqueza” no territorio

27/10/2025 | 19:05 | C. do Medio Rural

A Xunta participa na Feira Gastrónoma Valencia para poñer en valor o sector alimentario galego

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe a este evento, que definiu como fundamental para abrir os produtos alimentarios galegos a novos mercados e consumidores

27/10/2025 | 17:27 | C. do Medio Rural

Medio Rural analiza as perspectivas de futuro do sector forestal a partir do ano que vén coa ampliación da moratoria do eucalipto ata 2030

A conselleira María José Gómez reuniuse hoxe coa Asociación Forestal de Galicia para abordar as medidas de flexibilización, avaliar a situación e a necesidade de seguir traballando conxuntamente para aumentar a produtividade do monte e evitar o abandono