Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.017 novas da C. de Política Social e Igualdade:

25/06/2026 | 14:25 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta que 200 concellos galegos impulsan este verán iniciativas de conciliación e corresponsabilidade familiar co apoio da Xunta

Afirma que apoiar aos pais para que poidan compaxinar as súas vidas laboral e social co coidado dos fillos é unha prioridade para o Executivo autonómico

23/06/2026 | 18:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda reivindica o papel de Galicia na vangarda da loita contra a violencia dixital co impulso da primeira Lei nacional neste eido

Destaca que a futura norma autonómica, na que xa se está a traballar para aprobala antes de que remate o ano, converterá á comunidade na “primeira en contar cun marco legal destas características en España e Europa”

23/06/2026 | 15:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Política Social e Igualdade; C. do Medio Rural

Villares valora co alcalde do Corgo os apoios da Xunta para a mellora de dotacións e servizos no municipio

O delegado territorial de Lugo destacou, entre outros, o obradoiro dual de emprego iniciado recentemente ou a licitación en curso para o reforzo do firme dun tramo da estrada LU-546

23/06/2026 | 15:26 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta presenta ao CAIA a Lei de protección da saúde das persoas menores e prevención das condutas adictivas

O Goberno galego agradeceu as propostas construtivas presentadas polos membros deste Consello de cara a mellorar a situación da infancia e da adolescencia

23/06/2026 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca os beneficios do deporte adaptado para as persoas con discapacidade na visita aos participantes do programa Amar o mar en Baiona

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, celebrou a oportunidade de máis dun centenar de usuarios de participar nesta actividade de ocio, inclusión e saúde desenvolvida polo Monte Real Club de Iates

22/06/2026 | 18:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a formación sénior como piar fundamental do envellecemento activo

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, lembrou que o Goberno galego incrementou este ano a súa achega á entidade que presta servizo en toda a xeografía galega

22/06/2026 | 17:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a formación sénior como piar fundamental do envellecemento activo

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, lembrou que o Goberno galego incrementou este ano a súa achega á entidade que presta servizo en toda a xeografía galega

22/06/2026 | 13:29 | C. de Política Social e Igualdade

Manuel Pardo subliña os máis de 125.000€ que a Xunta destina ao fomento do asociacionismo e a participación das mulleres na provincia de Ourense

O delegado informou en ambas visitas, que a Consellería de Política Social e Igualdade, ten aberto o prazo dunha nova convocatoria destas achegas ata o vindeiro 29 de xuño que ,dotada con preto de 345.000 euros, busca fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres ourensás

22/06/2026 | 12:34 | C. de Política Social e Igualdade
21/06/2026 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o investimento de máis de 130.000 euros en reformas na residencia pública autonómica Porta do Camiño

A conselleira de Política Social e Igualdade destacou que as obras permiten mellorar a confortabilidade dos usuarios e os traballadores