Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.021 novas da C. de Política Social e Igualdade:

16/07/2025 | 15:33 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que máis de 2.400 persoas gozarán este verán dunhas vacacións en familia nas residencias públicas do Carballiño e de Panxón

A iniciativa ofrece ás familias a posibilidade de pasar unha estadía de seis noites a prezos asequibles e con prioridade para as numerosas, as de acollida ou as monoparentais

16/07/2025 | 12:13 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reafirma o seu compromiso coa fundación Juan Soñador para seguir impulsando a igualdade de oportunidades entre todos os menores

Jacobo Rey sinalou a importancia da colaboración entre a Administración e o tecido asociativo para mellorar a situación da mocidade máis vulnerable

15/07/2025 | 17:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia este ano con máis de 1,7 M€ a 73 concellos da provincia de Ourense para desenvolver actividades de conciliación e corresponsabilidade

María Quintiana lembrou que o Executivo galego ten unha convocatoria de 6,5 M€ que chega a máis de 230 concellos para favorecer a conciliación e a corresponsabilidade

15/07/2025 | 16:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo anima aos obradoiros artesáns, concellos e a asociacións profesionais a solicitar as axudas para o fomento da comercialización da artesanía de Galicia

A delegada da Xunta visitou as instalacións da entidade Artefíos que conta cun centro especial de emprego beneficiario o ano pasado destas achegas

15/07/2025 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

Martina Aneiros pon en valor o traballo de Alcer a prol da mellora da calidade de vida para as persoas con enfermidade renal crónica

Lembra que ata o 30 de xullo está aberto o prazo de solicitude das axudas para a realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF que xestiona a Consellería de Política Social e Igualdade

15/07/2025 | 13:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a aposta do programa Emega como impulso dos emprendementos femininos no eido da innovación e da tecnoloxía

Unha das modalidades que contempla o programa é Emega Innova, con apoio de ata 42.000 euros para proxectos de carácter innovador

15/07/2025 | 11:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Concello de Mondariz acordan a adhesión deste municipio ao programa Xantar na Casa

Inicialmente, dez persoas poderán beneficiarse desta iniciativa, que garante unha dieta saudable e equilibrada durante toda a semana

14/07/2025 | 11:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina máis de 5 M€ á nova convocatoria do programa Emega para apoiar a máis de 350 emprendementos femininos

O programa contempla catro modalidades de axuda, Emerxe, Impulsa e Innova, máis outra complementaria, Concilia; e as achegas oscilan entre os 8.000 e os 42.000 euros

14/07/2025 | 11:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca por terceiro ano consecutivo as axudas de 12.000 euros destinadas aos afectados por esclerose lateral amiotrófica (ELA)

Estas achegas, que contan cun orzamento ampliable de 2,4M€ e chegan cada ano a unha media de 200 beneficiarios, poden solicitarse desde mañá ata o vindeiro 3 de novembro