Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.017 novas da C. de Política Social e Igualdade:

25/06/2025 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo participa no acto organizado pola ONCE con motivo do Día Internacional das Persoas con Sordocegueira

A delegada da Xunta destacou que segundo os datos da propia ONCE esta realidade afecta a 15 de cada 100.000 habitantes. En España, estímase que hai arredor de 9.000 persoas con sordocegueira, das cales máis de 3.500 están afiliadas á ONCE

24/06/2025 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García comprométese co alcalde de Palas de Rei a seguir reforzando os recursos de atención aos maiores

Nesta xuntanza, sinalou que o Executivo galego financia case medio cento de prazas públicas de atención a maiores e destina 390.000€ para o Bono Coidado no Fogar

24/06/2025 | 10:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ten aberta a orde de axudas para a creación de novas Casas do Maior

O orzamento desta convocatoria supera o millón de euros e permitirá poñer en marcha ata 20 novos recursos 

23/06/2025 | 16:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que a nova unidade de atención temperá de Miño, Pontedeume e Vilarmaior inicia a súa actividade prestando un servizo gratuíto a unha vintena de familias

A directora xeral de Persoas con Discapacidade lembrou que esta é unha das seis unidades novas creadas a través a última orde de axudas destinadas a concellos e mancomunidades

23/06/2025 | 12:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta respaldará con preto de 442.000 € os Centros de Información á Muller, servizos de conciliación e accións de igualdade en catorce concellos de Ferrolterra

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, deron conta da resolución do programa autonómico que permitirá aos concellos manter os CIM, poñer en marcha actuacións contra a violencia de xénero ou facilitar a corresponsabilidade 

22/06/2025 | 11:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta enxalza o labor das entidades sociais a prol dos dereitos das persoas con ELA e a visibilización desta doenza

Antón Acevedo lembrou que Galicia foi a primeira Comunidade Autónoma en contar cunha achega económica anual para os doentes

21/06/2025 | 13:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia a ‘Ruada das Gotas’ de Ribadumia, un evento cultural para reivindicar os dereitos LGBTI no rural

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana leu o manifesto do festival durante a inauguración

21/06/2025 | 10:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica o listado de casas niño que xa reciben as axudas para garantir a súa continuidade ata 2028

O orzamento desta orde de subvencións plurianual é de 10,5 millóns de euros

20/06/2025 | 13:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta vai iniciar de forma inminente a actualización do protocolo de atención temperá, para o que contará co tecido social e coas familias

O Goberno galego seguirá incrementando o número de unidades de atención temperá, que xa chegan a 200 concellos