Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.234 novas da C. de Política Social e Igualdade:

22/09/2025 | 11:43 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García condena o ataque ao futuro centro de menores de Monforte e avanza que a Xunta reforzará as medidas de seguridade do inmoble

Anuncia que o Goberno galego “non cederá ás chantaxes” e mantén a súa previsión de abrir neste concello lucense o primeiro centro específico para menores estranxeiros non acompañados

21/09/2025 | 11:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala que Galicia é pioneira na posta en marcha de recursos públicos para a atención de doentes de alzhéimer

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria tamén puxo en valor o traballo que desenvolven as entidades sociais deste ámbito que desenvolven un labor fundamental na visibilización desta enfermidade

21/09/2025 | 11:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que Galicia é a única Comunidade que está preto do 65% de escolarización na etapa 0-3 e supera en 15 puntos a media estatal

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, subliña que o obxectivo é que Galicia sexa líder en matriculación por cuarto curso consecutivo

20/09/2025 | 19:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta condena os ataques sufridos no futuro centro para menores en Monforte

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, trasladou o total rexeitamento da Xunta de Galicia a calquera acto violento, en alusión ao acontecido nas instalacións de Prodeme.

20/09/2025 | 15:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta defende o acollemento familiar como medida preferente de protección da infancia en Galicia

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica puxo en valor o traballo que desenvolven as entidades sociais deste ámbito, que están en contacto directo coas familias

19/09/2025 | 15:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a necesidade de seguir dando pasos adiante para avanzar na igualdade de xénero no eido dos coidados

A directora xeral de Promoción da Igualdade agradeceu o labor das entidades sociais que traballan neste ámbito e fixo fincapé na necesidade de apostar pola profesionalización desde a igualdade e a corresponsabilidade

19/09/2025 | 15:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor o traballo de Afaga na atención e asesoramento aos doentes de alzhéimer e as súas familias

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria resaltou o papel fundamental dos centros de día públicos específicos para a atención desta enfermidade

18/09/2025 | 15:05 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anima á cidadanía a facer achegas á futura Lei de violencia dixital, aberta a consulta pública ata o vindeiro 1 de outubro

Ademais, presentou e explicou á mocidade cales son os recursos da Xunta de Galicia á mocidade para asesorar e acompañar ante calquera tipo de violencia sobre as mulleres e a comunidade LGBTI

18/09/2025 | 14:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta defende que a implantación de novas medidas permitiu crear un sistema autonómico de protección máis inclusivo e desinstitucionalizado

Jacobo Rey explicou que o modelo galego se caracteriza polas pequenas unidades de convivencia fronte aos tradicionais centros de menores