Actualidade
Buscador de novas
A Xunta traballa na recuperación dos servizos esenciais e infraestruturas viarias nas zonas de Lugo e Ourense máis afectadas polas chuvias do 17 de xuño
Alfonso Rueda anuncia que “esta mesma tarde” o Goberno galego convocará ás Deputacións de ambas provincias para realizar en conxunto “unha análise minuciosa dos danos e concretar as necesidades de reparación”
Galicia destinará 805 M€, un 20 % máis, para converter a biotecnoloxía galega nun referente internacional
Rueda destaca que o obxectivo é aumentar un 30% a facturación ata os 2.650 M€ e propiciar que o número de entidades e empresas activas acade as 200, un 23,5 % máis
Rueda anuncia que a Xunta recorrerá o real decreto sobre as zonas de aceleración de renovables por invadir competencias autonómicas
O Consello da Xunta aprobou hoxe a presentación dun recurso ante o Tribunal Constitucional despois de coñecer que o ditame preceptivo do Consello Consultivo de Galicia é favorable á viabilidade xurídica da iniciativa
Rueda afirma que os profesionais sanitarios son o piar fundamental sobre o que se sustenta a excelencia do sistema público de saúde galego
Reitera o compromiso prioritario do Goberno galego con ofrecerlles a estes profesionais as mellores condicións posibles para o desenvolvemento do seu traballo, poñendo en marcha medidas para reducir a burocracia na atención primaria e avanzando unha reforma integral deste nivel asistencial en poucas semanas
Rueda destaca á corporación Hijos de Rivera como exemplo dunha Galicia competitiva, innovadora e fiel ás súas raíces
Salienta a aposta do Goberno galego por impulsar á industria na comunidade, con medidas como a posta en marcha ata 2030 de 12 millóns de metros cadrados de novo solo empresarial
Rueda pon o novo centro de saúde de Abegondo como exemplo da sanidade pública integrada, accesible e de vangarda que está a impulsar a Xunta en toda Galicia
Destaca que a nova infraestrutura, que supuxo un investimento de 3,2 millóns de euros, dará servizo a 5.000 veciños cun deseño humano e sostible
Rueda destaca ás universidades galegas como un dos principais motores de progreso da comunidade autónoma
Pon en valor a medida pioneira da matricula gratuíta nos estudos superiores, que supón un aforro anual para as familias galegas duns 7,7 millóns de euros
Rueda anuncia a colaboración con Adolfo Domínguez para a recuperación do cultivo do liño en Galicia e o desenvolvemento dunha industria transformadora
Destinaranse case 900.000 € a promover o uso desta materia prima tan arraigada á cultura e tradición galega e cuxa produción agora é residual