Actualidade
Buscador de novas
Rueda defende que o financiamento autonómico se acorde en encontros multilaterais e que garanta a igualdade entre todos os cidadáns
Afirma que “o que é de todos debe falarse entre todos” para poder chegar a un acordo
Rueda sinala que a FP galega superará a barreira das 50.000 prazas de novo ingreso o vindeiro curso e incorporará o primeiro dobre ciclo internacional de España
O presidente apunta que “un ano máis volve ser un novo récord a oferta porque tamén sobe moito a demanda”, feito que enmarca na “revolución silenciosa que a Xunta de Galicia vén impulsando hai moito tempo” na formación profesional
A Xunta actualiza o protocolo da Comisión de Alertas Meteorolóxicas deportivas no referido ás actividades náuticas e acuáticas
Rueda explica que se pasa dun protocolo “homoxéneo” a un que terá en conta “as características específicas” de determinadas disciplinas
Rueda anuncia que a Xunta declara Proxecto Industrial Estratéxico o desenvolvemento inicial do complexo industrial de fabricación de automóbiles SAIC, co fin de crear máis de 2.000 empregos en Ferrol
A compañía chinesa escolle Galicia fronte a outras localizacións analizadas para a súa expansión ao mercado europeo pola capacidade industrial galega, a sólida base manufactureira e a capacidade para facilitar unha rápida implantación
A Xunta e o Concello de Poio acordan a implantación dun servizo de interese municipal en agosto coa creación de dúas novas liñas
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asina co alcalde de Poio, Ángel Moldes, e coa UTE XG-626 o convenio para a ampliación da oferta de transporte público no municipio
Rueda anuncia unha nova liña de axudas para a automoción dotada con 45 M€ para apoiar ao sector na transición cara o vehículo eléctrico
Recorda que estes apoios, xunto cos 50 millóns extraordinarios que se habilitaron o ano pasado, englóbanse no Plan director, que conta cun orzamento global de 230 millóns de euros
Rueda destaca o sector forestal-madeira como un gran motor económico e sostible para o desenvolvemento de Galicia
Salienta a súa capacidade para xerar riqueza, fixar poboación e reequilibrar o territorio ao representar ata o 50% do emprego industrial en moitos municipios
Rueda defende a capacidade do rural para atraer investimentos industriais, innovadores e que contribúan á transición ecolóxica
Agradece á empresa a súa aposta por seguir mellorando, innovando e consolidando a industria na nosa comunidade á vez que forma o talento para retelo