Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.480 novas da A Presidencia da Xunta:

20/10/2025 | 10:55 | A Presidencia da Xunta

Rueda celebra o carácter histórico da chegada do peregrino 500.000 e destaca a internacionalización do Camiño de Santiago

Máis da metade dos peregrinos son de procedencia internacional, procedentes de 180 países diferentes, sendo o mercado estadounidense o máis numeroso por terceiro ano consecutivo

18/10/2025 | 15:41 | A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza o papel esencial das mulleres rurais como motor do progreso e reafirma o apoio da Xunta ás políticas de igualdade no territorio

A Xunta destina cada ano máis de 4,3 millóns e euros ao apoio ao asociacionismo feminino e aos programas de promoción de igualdade, especialmente no rural

17/10/2025 | 21:22 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda eloxia o papel esencial de Cogami na construción dunha Galicia máis xusta, solidaria e inclusiva

Cualifica a Cogami como aliado esencial da Xunta e subliña o seu protagonismo para transformar o modelo asistencialista centrado na persoa 

17/10/2025 | 14:55 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda destaca que a Xunta aposta nos orzamentos do 2026 por un reforzo sen precedentes do gasto social, ao cal destina preto de 10.600 M€

Tres de cada catro euros dedícanse a sanidade, educación e política social, así como a políticas de emprego para promover o crecemento futuro de Galicia

17/10/2025 | 14:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor o CITEEC como exemplo de excelencia científica e reafirma o compromiso da Xunta coa investigación galega

A Xunta recoñeceu ao CITEEC da UDC como Centro de Investigación Colaborativo da Rede CIGUS, o que supón un apoio económico superior aos 1,2 millóns de euros ata 2027 para I+D+i e equipamento científico

16/10/2025 | 12:35 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta adquirirá baixos en desuso para convertelos en vivenda pública e que ampliará as rebaixas fiscais para compra de vivenda de segunda man

Increméntase ata os 240.000 euros, con 30.000 euros máis por cada membro adicional da unidade familiar, o teito de patrimonio para acceder á bonificación do Imposto de Transmisións Patrimoniais do 8% ao 3% (ao 0% en zonas pouco poboadas)

15/10/2025 | 12:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia preto de 3 M€ para axudar ás familias de Infantil e Primaria que utilicen comedores xestionados polas ANPAs, concellos e centros concertados

Estas novas axudas beneficiarán a preto de 20.000 alumnas e alumnos e irán moduladas en función da renda familiar

14/10/2025 | 15:16 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda reivindica o compromiso dos concellos galegos coa sostibilidade na entrega das Bandeiras Verdes 2025

Asegura que este distintivo recoñece o compromiso dos municipios e os veciños “con ter un concello fermoso e sostible”, exemplo do que significa “Galicia Calidade”

13/10/2025 | 15:43 | A Presidencia da Xunta