Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.742 novas da A Presidencia da Xunta:

13/02/2026 | 14:23 | C. de Economía e Industria; C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a Stellantis Vigo como motor da automoción ao producir 1 de cada 4 vehículos que se fabrican en España e consolidar a marca Galicia Calidade

Salienta este logro a pesar da complexidade do escenario internacional para o sector polo impacto da electrificación, as novas normativas, a competencia de terceiros países e a política arancelaria xunto co risco de deslocalización

12/02/2026 | 15:27 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

A Xunta, Asaga e Unións Agrarias asinan unha declaración conxunta para reforzar as garantías para o sector primario na aplicación do acordo UE-Mercosur

No texto de consenso inclúense peticións moi explícitas que se trasladarán ás instancias europeas e ao Goberno central, entre elas plans específicos de control en fronteira e auditorías en orixe

12/02/2026 | 14:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda aposta por favorecer a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles coas novas instalacións de Arroupa e a futura planta de Sogama

Destaca que a ampliación das infraestruturas de Arroupa permitirá avanzar en economía circular e en inclusión social e laboral

11/02/2026 | 14:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda visita a feira Innovart, cun cento de actividades para pór en valor o impulso ás ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas na comunidade

O encontro, que celebra a súa cuarta edición na Cidade da Cultura, conta coa participación de 26 centros educativos

10/02/2026 | 14:19 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca os 2.000 M€ que investirá a Xunta ata 2030 para acadar un parque de 10.000 vivendas públicas e blindar o dereito a un fogar

Resalta que o novo Pacto nace do “consenso co sector” no marco do Observatorio da Vivenda e pon o foco na construción, a rehabilitación e a xestión de solo residencial

09/02/2026 | 15:46 | A Presidencia da Xunta
09/02/2026 | 15:21 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade; C. de Economía e Industria
09/02/2026 | 15:14 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta incrementa un 50% o orzamento do Bono Emancípate, cuxa segunda edición abre o próximo venres o prazo de solicitudes

Destaca que ao programa, cuxa convocatoria se publica mañá no Diario Oficial de Galicia, o Goberno galego destina 3 M€, un millón máis que en 2025

09/02/2026 | 15:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda anuncia a nova Lei de aprendizaxe permanente para atender os cambios sociais, tecnolóxicos e laborais e garantir a formación durante toda a vida

Destaca que cómpre actualizar a norma vixente, de 1992, centrada principalmente no obxectivo de que os adultos obteñan un título de ensino básico, algo que hoxe en día xa ten a maioría dos galegos