Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.838 novas da A Presidencia da Xunta:

22/09/2026 | 11:16 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda activa a conta atrás para o Xacobeo 2027 coa instalación dun cronómetro na Oficina de Acollida ao Peregrino de Santiago

O dispositivo permitirá consultar as xornadas que quedan para o vindeiro Ano Santo desde hoxe, cando faltan 100 días

21/09/2026 | 18:45 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda reúnese cunha delegación do conglomerado chinés Citic Group para avaliar os seus proxectos en Galicia e estudar vías de colaboración futura

Sitúa á comunidade como un territorio atractivo para investir, grazas á vantaxes como a estabilidade institucional e o apoio da Administración aos proxectos estratéxicos

21/09/2026 | 15:37 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural
21/09/2026 | 15:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta amplía o cribado poboacional do cancro de cérvix ás mulleres de 30 anos e ás de 25 a 29 anos que non dispoñan dunha pauta de vacinación axeitada

Rueda salienta que “seguimos impulsando os cribados como mellor xeito de previr enfermidades graves” e apunta que o obxectivo é chegar a “76.000 mulleres máis desde agora, que xa empeza o ofrecemento deste cribado, ata o ano 2030”

21/09/2026 | 15:29 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia que a Xunta abre o concurso de 153 dereitos mineiros no que exixirá ás empresas que deixen o maior retorno económico no territorio

Salienta que se convocan 126 permisos de investigación e 27 concesións de explotación en xacementos xa existentes

21/09/2026 | 15:25 | A Presidencia da Xunta
21/09/2026 | 15:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza o Marco galego para o impulso educativo, centrado no reforzo da lectura e as matemáticas, o apoio docente e a mellora continua

Tras os datos do último informe PISA e, aínda que Galicia se mantén por riba da media española nas áreas avaliadas, “non podemos estar satisfeitos e imos facer todo o que estea nas nosas competencias para reverter esta situación”, indicou Rueda

19/09/2026 | 10:09 | A Presidencia da Xunta

Rueda lanza o terceiro episodio do seu podcast Galicia Calidade cunha entrevista ao xornalista Álex Fidalgo

Dá así continuidade ao proxecto tras conversar nos dous primeiros programas co pediatra Federico Martinón e coa triatleta e campioa paralímpica Susana Rodríguez Gacio

18/09/2026 | 14:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
17/09/2026 | 20:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda pon en valor o traballo de cooperativas como Cofano para garantir o acceso rápido e seguro aos medicamentos en toda a comunidade

Asegura que para a Xunta é unha prioridade garantir a prestación farmacéutica en todo o territorio e facilitar a adherencia aos tratamentos