Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.838 novas da A Presidencia da Xunta:

03/08/2026 | 15:25 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Xunta destina máis de 4 M€ á mellora e ampliación da base contra incendios forestais de Antela

As obras, que se iniciarán este mesmo ano unha vez que remate a tempada de alto risco de lumes, consistirán na construción dunha pista, plataforma e accesos, así como no levantamento dun novo edificio que albergará os pilotos

03/08/2026 | 15:13 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda destaca o apoio de 2,5 M€ da Xunta á comunidade galega en Venezuela, con partidas específicas para ás persoas afectadas polo terremoto de xuño

O Consello analizou hoxe un informe sobre esta liña de achegas extraordinaria, que publicará este mércores o DOG, e sobre outros apoios da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración aos que teñen acceso as persoas galegas no país caribeño

03/08/2026 | 15:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda anuncia unha guía práctica para axilizar os trámites de avaliación ambiental e dar seguridade xurídica aos proxectos que se instalen en Galicia

Salienta que se trata dun manual “pioneiro en España”, ao abeiro da Lei de recursos naturais, e que busca establecer un marco metodolóxico común na valoración dos impactos sociais, económicos e ambientais de calquera proxecto

03/08/2026 | 14:54 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicita a convocatoria da Comisión Bilateral co Estado para garantir unha transferencia da AP-9 con plena seguridade xurídica e financeira

Rueda alerta de que a lei para o traspaso aprobada no Congreso incorpora “modificacións substanciais” respecto á acordada por unanimidade no Parlamento

02/08/2026 | 15:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca o sector do viño como motor económico, turístico e cultural “do que sentirnos orgullosos”

“Agradezo o seu esforzo e a súa implicación a todo o mundo do viño do Salnés e do resto de Galicia: desde os viticultores, os adegueiros, os hostaleiros ou toda a industria que xira ao redor do enoturismo que nos ten que dar enormes alegrías”, indicou

01/08/2026 | 13:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca o novo mercado municipal de Ponteareas como un exemplo da aposta da Xunta pola modernización e impulso ás prazas de abastos

O Goberno galego investiu 1 M€ na reconversión da antiga nave de Aceros del Tea nun espazo moderno de 1.400 m² e nos que practicamente a totalidade da trintena de postos dispoñibles están xa adxudicados

31/07/2026 | 13:33 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa modernización integral da atención primaria para acadar unha asistencia máis próxima, moderna e resolutiva

Destaca que o novo centro do barrio compostelán ampliará espazos e servizos, facilitando que máis de 5.000 veciños e veciñas atopen aquí unha resposta sanitaria máis completa e eficaz

30/07/2026 | 13:31 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a profesionalidade e solidariedade do persoal do dispositivo galego contra o lume e apela á colaboración cidadá

Saúda a unha representación dos profesionais galegos que, voluntariamente, acudiron a colaborar na extinción dos lumes de Ávila e León 

28/07/2026 | 20:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta entrega en Pontevedra as primeiras 74 chaves das 4.000 novas vivendas públicas comprometidas esta lexislatura

Rueda destaca que o Executivo autonómico mobilizou máis de 17,8 M€ nesta promoción, un exemplo de edificación accesible e de máxima calidade

28/07/2026 | 13:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda participa no acto de recepción da obra ‘Santa’, de Francisco Asorey, no seu regreso definitivo a Galicia

A escultura, que retorna á comunidade 100 anos despois da súa creación, poderá visitarse na Cidade da Cultura