Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.838 novas da A Presidencia da Xunta:

13/06/2025 | 15:30 | A Presidencia da Xunta

Rueda reafirma o liderado de Galicia na economía azul durante a celebración do Día Marítimo Europeo

Reivindica á nova Estratexia da Economía Azul de Galicia, unha folla de ruta ata 207 con 40 medidas que conta cun orzamento superior aos 114 millóns de euros

13/06/2025 | 14:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca ás empresas que apoian a FP Dual como motor social e económico

Subliña que máis de 15.000 empresas colaboran coa FP en Galicia, e que a taxa de inserción laboral supera o 85% ao ano de rematar os estudos

12/06/2025 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta
12/06/2025 | 11:23 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta lamenta a insistencia do Goberno de España en xerar unha alarma infundada sobre presuntas ilegalidades en vivendas de uso turístico en Galicia

O director de Turismo de Galicia vén de remitir un escrito ao ministro de Consumo no que expresa a inoperatividade e falta de rigor xurídico do documento remitido hai unhas semanas por este ministerio sobre supostas irregularidades 

12/06/2025 | 10:14 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

A Xunta reafirma o seu compromiso cos festivais galegos coa presentación en Madrid do “Espírito Ribeiro”

O director xeral de Comercio, Gabriel Alén, recoñeceu a importancia deste festival, que une música, artesanía e sabores de Galicia Calidade

11/06/2025 | 21:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda salienta en Pontevedra a aposta da Xunta pola modernización das infraestruturas educativas como as do IES Valle-Inclán e o CEIP Froebel

As obras enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, unha iniciativa pioneira en España que, desde a súa posta en marcha en 2021, executou arredor de 2.700 actuacións e confía en chegar a un investimento superior aos 500 millóns de euros

11/06/2025 | 19:03 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda salienta o compromiso da Xunta coa investigación mariña e a calidade científica no 50º aniversario do CIMA

Destaca a influencia do CIMA sobre a modernización da acuicultura galega, a protección dos cultivos de moluscos ou a profesionalización das mariscadoras

11/06/2025 | 17:50 | A Presidencia da Xunta

Lete asegura que o regreso do Campionato de España de orientación en idade escolar a Galicia “ratifica á nosa comunidade como referente no deporte base”

O secretario xeral para o Deporte amosou o seu convencemento de que a celebración do campionato en Galicia axudará a incrementar as preto de 700 licenzas da federación galega, das que o 36% son de mulleres

11/06/2025 | 14:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a aposta da Xunta por manter Galicia á vangarda en calidade e innovación pola xestión da auga

A colaboración do Goberno galego coa entidade que permitiu desenvolver proxectos conxuntos como as melloras na EDAR de Viveiro ou no sistema de abastecemento da marxe dereita da ría de Arousa, entre outros