Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.407 novas da C. de Sanidade:

28/05/2026 | 14:36 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde subliña que a cobertura sanitaria na Laracha está garantida con ratios que melloran as recomendacións para poboación adulta e pediátrica

No municipio, as ratios de tarxetas sanitarias por médico sitúase en 1.221 e por pediatra en 595, unha cifras notablemente inferiores aos estándares marcados polas sociedades científicas

28/05/2026 | 13:42 | C. de Sanidade

O Sergas incrementou nun 62 % o persoal de servizos xerais desde 2010, chegando a 1.311 prazas estruturais

A directora xeral incide no papel esencial destes profesionais, que sosteñen a accesibilidade real ao sistema, xestionan o primeiro contacto coa cidadanía e garanten o funcionamento diario de toda a estrutura os 365 días do ano

28/05/2026 | 12:24 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o investimento da Xunta de 463.500 euros na nova sala de neurorrehabilitación do Hospital Gil Casares de Santiago, que se porá en servizo este mesmo venres

Os servizos de neurorrehabilitación atenden arredor de 600 pacientes cada ano, entre os que destacan as persoas que padecen algunha enfermidade rara

27/05/2026 | 13:52 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica a redacción do proxecto do novo centro de saúde de Becerreá por máis de 212.000 euros

O Executivo galego investirá máis de 3,2 millóns de euros na construción desta infraestrutura sanitaria

27/05/2026 | 13:45 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde pon en servizo a nova área de prevención e rehabilitación cardíaca do Hospital Público Álvaro Cunqueiro para ofrecer unha atención de referencia a 600 pacientes ao ano

O Goberno galego investiu preto de 800.000 € na súa ampliación e a dotación de equipamento para contar con 4 consultas, ximnasio terapéutico, sala de emerxencias, zonas de reunións e vestiarios

27/05/2026 | 11:32 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o labor do 061 de Galicia, que neste ano xa deu resposta a 187.000 emerxencias e máis de 414.000 chamadas da cidadanía

No que vai de ano, o 061 mobilizou máis de 128.000 recursos e interveu en preto de 3.300 accidentes de tráfico

27/05/2026 | 11:30 | C. de Sanidade

A Xunta publica a nova instrución do protocolo común para a xestión clínica e o seguimento da incapacidade temporal co obxectivo de conseguir que o proceso sexa máis resolutivo

O Diario Oficial de Galicia recolle a modificación da instrución co fin de que as propostas de alta emitidas polas mutuas que cumpran os requisitos de motivación e fundamentación obxectiva da aptitude laboral do traballador sexan confirmadas pola Inspección

26/05/2026 | 17:16 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por máis de 66.000 € o mantemento de xardíns e patios de centros de atención primaria da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

Inclúense no contrato, dunha duración mínima de dous anos, 16 centros de saúde e puntos de atención continuada

26/05/2026 | 13:21 | C. de Sanidade

Martina Aneiros loa o labor dos voluntarios de ASF Acompaña co seu traballo pola humanización da asistencia sanitaria

A delegada visitou hoxe aos participantes deste proxecto no Hospital Arquitecto Marcide