Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.635 novas da C. de Sanidade:

23/07/2026 | 09:12 | C. de Sanidade

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue convida aos cidadáns a doar sangue nas xornadas previas ao 25 de xullo

A ADOS agradece o compromiso solidario da sociedade galega nas campañas de doazón de sangue e lembra a necesidade de obter 400 achegas diarias para garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos

22/07/2026 | 17:01 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza a próxima convocatoria por concurso de méritos das 25 prazas vacantes de médico de Urxencias do Hospital de Ourense

A oferta pública de emprego realizarase baixo esta modalidade grazas ao impulso, por parte da Xunta, da reforma da Lei de medidas extraordinarias dirixidas á provisión de postos de difícil cobertura, aprobada o 7 de xullo no Parlamento galego, que dá esta consideración ás prazas de medicina de urxencias do complexo ourensán

22/07/2026 | 16:59 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 641.000 euros a redacción do proxecto e dirección de obra do novo centro de saúde de Ponteareas

O obxectivo é dotar este municipio dun centro de saúde máis amplo e accesible para substituír o actual, que ten máis de 35 anos de antigüidade e carece de capacidade para habilitar novos espazos cos que medrar en servizos sanitarios

22/07/2026 | 15:22 | C. de Sanidade

A Xunta dará por finalizada mañá a alerta por posibles efectos da calor na zona de Valdeorras

Nos vindeiros días espérase que a masa de aire cálido se vaia desprazando cara ao leste, sendo substituída por aire atlántico, máis fresco e húmido

22/07/2026 | 12:50 | C. de Sanidade
22/07/2026 | 10:43 | C. de Sanidade

Allariz súmase hoxe á campaña de doazón de sangue “Un alento de vida”

O municipio ourensán acadou no 2025 un dos índices de participación máis elevados da provincia, obtendo unha taxa de 50 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano

21/07/2026 | 15:48 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica a resolución do concurso específico para o ingreso na categoría estatutaria de enfermeiro especialista en enfermería xeriátrica

Resultan nomeadas como persoal estatutario fixo na categoría de enfermeira especialista en xeriatría 5 profesionais do Servizo Galego de Saúde

21/07/2026 | 15:45 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 688.000 euros a organización, planificación e execución do traslado e posta en marcha do Hospital Novo Montecelo

O obxectivo é garantir unha execución eficaz, ordenada e segura das actividades necesarias para o traslado e posta en funcionamento do novo hospital público de Pontevedra

21/07/2026 | 15:11 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño traslada ao Colexio oficial de Podólogos a aposta da Xunta por reforzar a atención primaria coa incorporación desta categoría aos centros de saúde

Proponse a implantación progresiva mediante unha dotación inicial dun profesional de podoloxía en cada distrito sanitario, con horizonte 2030

21/07/2026 | 14:25 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a incorporación ao Sergas do primeiro robot con navegación cinemática que realizará en Santiago cirurxía de columna de alta complexidade

Subliña que o novo robot multidisciplinar, incorporado á unidade de raquis, ofrece unha precisión total que redunda nunha maior seguridade, mellores resultados clínicos e unha recuperación máis rápida para as persoas operadas