Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.405 novas da C. de Sanidade:

06/07/2026 | 13:08 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 467.000 € o servizo de mantemento das instalacións do Hospital Provincial de Pontevedra

O contrato ten como finalidade garantir o correcto funcionamento do edificio, dos equipos e das instalacións do centro hospitalario

06/07/2026 | 13:07 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 405.000 € a concesión do servizo da escola infantil de 0 a 3 anos para o Hospital de Barbanza

O obxectivo é facilitar a conciliación da vida persoal e laboral do persoal do hospital situado en Ribeira

06/07/2026 | 12:48 | C. de Sanidade
06/07/2026 | 11:50 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño subliña a posta en marcha da Rede galega de psicoloxía clínica en atención primaria como exemplo de boa práctica para a abordaxe comunitaria dunha patoloxía con incidencia crecente

Sinala que a saúde mental se converteu nun desafío sanitario e social de primeira magnitude, e considera necesario ofrecer solucións coordinadas, sendo innovadores e apostando pola evidencia científica

06/07/2026 | 10:49 | C. de Sanidade

A campaña estival de doazón de sangue “Un alento de vida” chega ao concello de Culleredo

O municipio coruñés acadou no 2025, con 849 doazóns, un índice de de participación de 27 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano

05/07/2026 | 16:14 | C. de Sanidade

A Xunta manterá este luns a alerta vermella por episodio de calor en 46 concellos

Suspéndese a actividade deportiva federada no exterior de 12,00 a 20,00 horas no centro de Lugo e na zona de montaña de Ourense pola alerta vermella por calor

04/07/2026 | 16:11 | C. de Sanidade

A Xunta manterá este domingo a alerta vermella por episodio de calor en 120 concellos

Suspéndese a actividade deportiva federada no exterior de 12,00 a 20,00 horas no interior da Coruña; no centro, na montaña e no sur de Lugo; no interior de Pontevedra e na zona de montaña de Ourense pola alerta vermella por calor

04/07/2026 | 10:49 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde e a fundación Érguete-Integración renovan a súa colaboración para a incorporación social da poboación reclusa con trastornos adictivos

A Consellería de Sanidade financia con 126.143 euros programas e actividades de inserción da poboación que estivo no cárcere

03/07/2026 | 17:56 | C. de Sanidade

A Xunta amplía a alerta vermella por episodio de calor a 158 concellos

Suspéndese este sábado a actividade deportiva federada no exterior de 12,00 a 20,00 horas no noroeste e interior da Coruña; no centro, na montaña e no sur de Lugo; no interior de Pontevedra e na zona de montaña de Ourense pola alerta vermella por calor

03/07/2026 | 17:54 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde destaca a importancia de tratar a dor desde unha perspectiva física, emocional e social para ofrecer unha atención máis personalizada

O xerente salienta a necesidade dunha abordaxe integral da dor e a importancia que o Sergas concede ao seu tratamento cunha enfoque holístico