Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.079 novas da C. de Sanidade:

17/11/2025 | 20:48 | C. de Sanidade

Galicia reforza a súa posición de liderado sanitario tras ser galardoada con once premios Best in Class

Ademais dos premios para hospitais e centros de saúde, a Consellería foi recoñecida pola súa estratexia fronte ás enfermidades raras; pola súa campaña de vacinación fronte á covid; e pola abordaxe dos determinantes sociais da saúde

17/11/2025 | 14:49 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde licita por máis de 157.000 € o subministro de reactivos para a detección de metabolitos de droga

As substancias a detectar son, entre outras, anfetaminas, éxtase, cocaína, metadona, cannabis ou benzodiacepinas

17/11/2025 | 13:25 | C. de Sanidade

A Xunta avanza na loita contra o cancro de pulmón coa ampliación do seu programa piloto a toda Galicia

Despois de remitir as primeiras invitacións por sms, xa responderon á enquisa 1.560 persoas

17/11/2025 | 10:18 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 70 persoas por 48 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 14 de novembro ata as 23,59 horas do domingo, 16 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 76 chamadas por accidentes de tráfico

16/11/2025 | 16:54 | C. de Sanidade

A Xunta activa o plan sanitario de inverno ante o inicio da onda epidémica da gripe

O obxectivo é previr, planificar e xestionar os recursos necesarios para responder aos picos de demanda e garantir a asistencia nos dispositivos do Servizo Galego de Saúde tendo en conta a información epidemiolóxica sobre a evolución da onda

16/11/2025 | 13:59 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda avanza que no 2026 estarán xa en marcha as 4.000 vivendas comprometidas para duplicar o parque público de Galicia e chegar así ás 8.000

Destaca que Galicia conta cun Goberno que “cumpre cos seus compromisos” e que “seguiremos apostando por esa Galicia Calidade da que cada vez máis galegos e galegas se poidan sentir orgullosos”

15/11/2025 | 12:58 | C. de Sanidade

Galicia participa en Dinamarca nunha sesión de intercambio de boas prácticas no uso de materiais téxtiles sanitarios

A maioría das emisións á atmosfera dos hospitais proceden de produtos como batas, máscaras e sabas

15/11/2025 | 11:47 | C. de Sanidade

A Xunta impulsa a distribución de carteis informativos nas instalacións deportivas municipais para garantir o coñecemento e cumprimento da normativa sobre o consumo de alcohol

Coincidindo co Día Mundial sen Alcohol, esta iniciativa forma parte do compromiso da Xunta coa promoción da saúde pública así como coa prevención dos danos derivados do consumo de alcohol, dentro e fóra dos ámbitos deportivos

14/11/2025 | 17:32 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza a extensión a toda Galicia do proxecto piloto de seguimento domiciliario de pacientes con enfermidade inflamatoria intestinal a través de TELEA

O  conselleiro pon en valor o papel esencial que realiza a Asociación galega de Investigación en Enfermidade Inflamatoria Intestinal, consolidándose como un auténtico referente na investigación, formación e colaboración multidisciplinar