Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.811 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

25/03/2026 | 21:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traslada o compromiso con Lugo en materias como a vivenda, os servizos sociais ou a sanidade nun encontro coa Deputación provincial

O Goberno galego vai habilitar 600 inmobles públicos e habilitar solo residencial para outras 1.200 vivendas na cidade de Lugo

25/03/2026 | 16:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a consolidación das feiras ‘Expomunicipal’ e ‘Enerxétika’ como o mellor escaparate das últimas innovacións para os servizos municipais e o sector enerxético

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración da dobre cita feiral que reúne desde hoxe ata o venres a profesionais, empresas e administracións para que intercambien experiencias e aproveiten as sinerxías que comparten os dous sectores

25/03/2026 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o VI Torneo internacional de fútbol 7 de Semana Santa organizado pola agrupación deportiva Sagrado Corazón

As competicións disputaranse os días 30 e o 31 de marzo nos campos de fútbol José María Rodríguez Lago das Gándaras, coa participación duns 700 xogadores de 48 equipos procedentes de toda Galicia, Madrid e Portugal

25/03/2026 | 15:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As bonificacións ao transporte da Xunta supuxeron un aforro superior aos 36 M€ en 2025 para o conxunto das persoas usuarias

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes abordou no Parlamento as medidas implantadas polo Goberno galego para impulsar o transporte público

25/03/2026 | 11:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta amplía as bolsas autonómicas de interinos de habilitados nacionais coa incorporación dunha trintena de persoas

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución pola que se publican as listaxes de incorporación correspondentes ás subescalas de secretaría-intervención, secretaría, categoría de entrada, e intervención-tesourería, categoría de entrada

24/03/2026 | 20:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo anima ás asociacións de veciños a solicitar as axudas da Xunta para obras e equipamento de 3 M€ que teñen o prazo aberto ata o 20 de abril

A delegada da Xunta explicou que a Xunta contribúe con estas axudas á dinamización da vida social e cultural e á mellora da calidade de vida da cidadanía

24/03/2026 | 16:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
24/03/2026 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa melloras en infraestruturas e servizos municipais do Pino con achegas que suman preto de 176.000 €

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes coñeceu as obras realizadas no campo de fútbol de Reboredo e no centro sociocultural Luis Seoane, así como as prestacións do equipamento para labores de roza adquirido a través dun convenio

24/03/2026 | 11:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias lembra que as entidades veciñais poden solicitar as axudas da Xunta para mellorar infraestruturas ata o 20 de abril

O delegado territorial de Lugo explica que se destinan 3 millóns de euros a apoiar iniciativas das asociacións de veciños e de mulleres rurais e das comunidades de usuarios de augas

23/03/2026 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Manuel Pardo lembra que a Xunta ten aberto o prazo da nova convocatoria do Plan específico de acción comunitaria, dotado con 3 M€

O delegado territorial destacou que esta nova orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, aberta ata o vindeiro 20 de abril, está dirixida a colectivos veciñais, asociacións de mulleres rurais e comunidades de usuarios de augas , co fin seguir apoiando o papel fundamental que estas entidades xogan na dinamización da vida social e cultural e na mellora da calidade de vida dos veciños