Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.811 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

01/03/2026 | 09:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa un novo convenio con Farmamundi para paliar a situación de emerxencia das persoas refuxiadas en Uganda

O Goberno galego achega 8.000 euros a diversas actuacións de mellora da saúde e da protección no asentamento de Kiryandongo e nos centros de recepción de Adjumani

28/02/2026 | 17:10 | C. do Mar; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reunirase en Bruxelas co comisario de Agricultura e Alimentación para defender os intereses do sector primario galego ante o tratado UE-Mercosur e o novo marco financeiro europeo

Manterá unha xuntanza o martes co comisario para trasladarlle a posición da comunidade ante a entrada en vigor provisional do tratado e esixir que as salvagardas aprobadas polo Parlamento Europeo sexan activadas de maneira áxil e efectiva

27/02/2026 | 17:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa ‘IACOBUS’ promovido pola Xunta para impulsar a Cooperación Científica Transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal suma 163 candidaturas

Dos proxectos seleccionados, 113 correspóndense coa modalidade de Estancias de Investigación e 50 coa de Publicacións Científicas (‘Papers’)

27/02/2026 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu 211.000 euros en Carballedo para mellorar a eficiencia enerxética da Casa do Concello, da Casa da Cultura e doutros espazos públicos

Arias destaca que xa se convocaron as axudas do Fondo de Compensación Ambiental do 2026, dotadas con 11,4 millóns de euros, que as entidades locais poden solicitar ata o 6 de marzo

27/02/2026 | 14:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta saca a licitación a xestión integral do complexo deportivo de Monterrei para a campaña de verán 2026 cun orzamento de case 1M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle a contratación, que se prolongará de maio a setembro e prevé a creación de máis de 70 postos de traballo

27/02/2026 | 12:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca 40 cursos de formación continua para persoal voluntario de Protección Civil

A Academia Galega de Seguridade Pública impartirá as accións formativas, que suman un milleiro de prazas e se realizarán de xeito descentralizado en diversos concellos de toda Galicia

27/02/2026 | 10:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta formaliza o acordo cos concellos de Culleredo e da Coruña para a prestación do servizo de taxi no aeroporto de Alvedro

O conselleiro Diego Calvo asinou co alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o convenio para a implantación dun réxime específico entre ambos os municipios neste aeroporto a partir do 16 de marzo

26/02/2026 | 20:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o papel do deporte base como canteira de deportistas de alto nivel

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiron á entrega dos Premios DXT ao Talento Base que recoñeceron 15 deportistas, persoas e entidades que destacaron en 2025 polos seus resultados ou pola súa dedicación á formación de novos talentos