Actualidade
Buscador de novas
A Unidade de Policía Nacional adscrita de Galicia comisa 23 quilos de percebe e tramita sete actas de infracción por furtivismo na cidade da Coruña
A actuación enmárcase nun operativo de prevención levado a cabo o pasado 19 de xaneiro en colaboración da Confraría de Pescadores da Coruña, que se saldou ademais co comiso de sete rasquetas metálicas empregadas para a extracción ilegal de marisco
A Comunidade de Usuarios de Pazo-Eirín, en Caldas de Reis, mellorou as súas instalacións grazas a unha axuda da Xunta de 12.000 euros
Preto de 160 entidades da provincia de Pontevedra recibiron un total de máis de 1,7 millóns de euros para mellora das súas instalacións e compra de material
A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética da Casa Cuartel de Guntín cunha achega de 117.200 euros
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado das obras, executadas ao abeiro da orde plurianual de axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes cofinanciadas con fondos Feder
Diego Calvo recibe ao novo cónsul honorario de Ucraína en Galicia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destaca o compromiso da Xunta coa poboación ucraína a través da Cooperación Galega coa mobilización de máis de 228.200 euros desde 2022 para o transporte de axuda humanitaria, protección e apoio
A Xunta constitúe a comisión interdepartamental de preparación e coordinación das actuacións relacionadas coa observación da eclipse do 12 de agosto
Diego Calvo presidiu a primeira sesión da comisión, na que participan representantes desta consellería e das de Medio Ambiente e Cambio Climático, Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Sanidade, así como da Axencia Turismo de Galicia
A Xunta amplía a alerta vermella por temporal costeiro a todo o litoral da Coruña
Mantense a alerta laranxa no resto da costa galega
Diego Calvo enxalza o “gran nivel" do Centro galego de tecnificación deportiva no que xa adestra Rodrigo Conde de cara aos xogos de Los Ángeles
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo un encontro co remeiro de Moaña que acadou un diploma olímpico nos Xogos de París e amosou a súa satisfacción polo seu regreso a Galicia para adestrar nestas instalacións
A Xunta amplía hoxe a alerta laranxa por temporal costeiro a todo o litoral galego e elévaa mañá a vermella na costa da Coruña
Suspéndese a actividade deportiva no mar, tanto federada como do programa Xogade, nos concellos afectados