Actualidade
Buscador de novas
A Xunta acometerá o próximo ano obras de mellora da eficiencia enerxética nos xulgados de Monforte, cun investimento de 1 M€
O delegado territorial, Javier Arias, explica que cinco empresas presentaron as súas ofertas no proceso de licitación iniciado o 11 de novembro
A Xunta facilítalle o certificado de aptitude profesional ao alumnado do ciclo de condución de vehículos de transporte por estrada
Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes e de Educación, Ciencia, Universidades e FP asinaron o acordo de colaboración que garante completar esta capacitación profesional
Rueda destaca a solidariedade e compromiso das agrupacións de Protección Civil como garantes dunha atención efectiva ás emerxencias
Agradece a todos os efectivos o seu traballo, especialmente en episodios recentes como a vaga de lumes do pasado verán ou a DINA de Valencia, pola cal se concederon 53 placas de prata
A Xunta lembra o rigoroso cumprimento do Goberno galego coa normativa para a tramitación de autorizacións interurbanas de VTC
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, mantivo un encontro solicitado pola Fegamp no que participaron representantes municipais aos que lles insistiu que é competencia municipal, se así o deciden os concellos, regular as posibles autorizacións para o ámbito urbano de vehículos de turismo con condutor
A Xunta colabora con seis asociacións de veciños da comarca de Sarria na mellora dos seus locais sociais
O delegado territorial, Javier Arias, explica que catro colectivos de Sarria, un de Láncara e outro do Páramo benefícianse de case 58.000 euros con cargo ás axudas convocadas este ano para colaborar coas organizacións veciñais
A Xunta concede preto de 240.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental aos proxectos de mellora do medio ambiente e eficiencia enerxética das Pontes
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, desprazouse esta mañá ao municipio para comprobar o resultados das actuacións acometidas con estas axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Rueda destaca que o traslado completo de Repsol a Punta Langosteira suporá un gran pulo para o Porto Exterior e un paso fundamental na apertura da cidade ao mar
Asegura que o desprazamento consolidará ao Porto Exterior como un motor económico e industrial de primeiro nivel e compromete o apoio do Executivo autonómico a todas aquelas empresas que “con respecto e cumprindo a normativa" queiran investir en Galicia
A Xunta destina máis de 33.000 euros á prestación do servizo de interpretación de signos na Administración de Xustiza
A Plataforma de Contratos públicos de Galicia publica hoxe a licitación do contrato para a súa execución nos próximos dous anos