Actualidade
Buscador de novas
A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra
Suspéndese a actividade deportiva do programa Xogade e federada no mar mañá nos concellos afectados
A Xunta colabora co Consello da Avogacía Galega en accións de atención profesional a vítimas de violencia sexual e na formación en materia de violencia de xénero
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asinaron co presidente do organismo a renovación de dous convenios de colaboración, que suman unha dotación de 170.000 euros, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero
A Conta Satélite do Deporte informa dun crecemento do 12% no valor engadido xerado polo sector en 2023 en Galicia
En termos de emprego, o sector deportivo é responsable directo de 17.248 postos de traballo, que representan o 1,5% do total do emprego da economía galega
A Axencia Galega de Emerxencias encara a modernización integral da infraestrutura técnica do 112 Galicia cun orzamento de 12,5 M€
O xerente da entidade, Marcos Araújo, detallou no Parlamento de Galicia o plan de investimento de cara ao próximo exercicio, que suporá un salto cualitativo na plataforma de xestión das chamadas de emerxencias
A Xunta e a CCDR-NORTE conmemoran hoxe o Día da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal cunha declaración institucional conxunta
A institución desta data é unha forma de recoñecer o legado histórico do primeiro protocolo de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal en 1991, con resultados concretos que benefician a 6,2 millóns de habitantes desta Eurorrexión
A Xunta impulsa novas infraestruturas deportivas en Cedeira cunha achega de case 345.000€ a través da liña de apoio a proxectos estratéxicos
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as instalacións do club de natación da vila, onde adestran deportistas locais como o triatleta Damián Suárez, ao que felicitou polos logros no Mundial de Ácuatlon 2025