Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 13.015 novas:

20/05/2024 | 19:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Quince centros galegos participarán na primeira Feira de Educación, Formación e Emprego de Lugo os días 23 e 24 de maio

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participan na presentación deste evento educativo

20/05/2024 | 18:43 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta
20/05/2024 | 17:31 | C. do Medio Rural

A conselleira do Medio Rural reúnese coa directiva da Asociación Forestal de Galicia

O encontro forma parte da rolda de contactos que está a manter María José Gómez con responsables do sector e nel abordáronse cuestións como a mellora da fiscalidade, a xestión forestal ou a produción madeireira

20/05/2024 | 16:18 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño remarca a importancia de integrar a innovación tecnolóxica, a intelixencia artificial e a medicina de precisión na atención ao paciente

O titular de Sanidade salienta o valor da investigación no obxectivo de acadar un sistema sanitario público de calidade e máis eficiente

20/05/2024 | 15:51 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

Martina Aneiros destaca o peso do motor galego no calendario nacional de automobilismo na presentación do 36 Rally Cidade de Narón

A cita, que reunirá a máis de medio centenar de pilotos, celebrarase os días 24 e 25 de maio

20/05/2024 | 15:45 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia que a Xunta apoia con 18 M€ ao sector da automoción galega para facilitar a súa transición a unha mobilidade sustentable

Resalta que o obxectivo é apoiar “ás empresas auxiliares a ser máis competitivas” ante o “gran desafío” que supón a expansión do vehículo eléctrico

20/05/2024 | 15:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta cubre case o 100% das prazas ofertadas nos campamentos de verán para a mocidade de 9 a 17 anos

A actividade forma parte dun programa estival máis amplo que este ano acada a maior oferta da súa historia con 11.500 prazas

20/05/2024 | 15:28 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destaca o papel da Unión de Federacións Deportivas Galegas na promoción do deporte federado

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo hoxe unha reunión con representantes da xunta directiva da entidade, que representa as federacións deportivas da comunidade, para abordar o apoio do Goberno galego á súa actividade

20/05/2024 | 15:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta destina 12 M€ a subministración dun innovador medicamento CAR-T para pacientes con linfoma

O Tecarcus está dirixido a pacientes adultos con linfoma de células do manto que non responden a ningunha terapia ou en casos de recaída despois de fracasaren polo menos dúas liñas de tratamento sistémico